NovasIr a esta sección

XXV CAMPIONATO GALEGO DE NATACIÓN ADAPTADA
Data de publicación: 04 de abril de 2019

Esta nova edición desenvolveuse durante toda a xornada do 3 de abril nas instalacións da piscina municipal climatizada de A Cañiza que ven acollendo esta competición dende hay máis dunha década.

O mércores 3 de abril A Cañiza volveu a converterse na sede do Campionato galego de natación 2019 da Federación Galega de Deporte Adaptado.

Unha longa xornada de catro horas na que se disputaron un total de 48 series das 31 probas programadas para os máis de 200 nadadores/as dos 16 clubes que se deron cita nesta nova edición.

Unha xornada na que, segundo manifestaron dende a organización, os nervos estaban a flor de pel e na que tod@s puxeron o mellor de cada un, tratando de mellorar as súas marcas persoais.

A Federación felicitou ao Concello de A Cañiza pola colaboración prestada así como ao persoal da piscina municipal, pola disposición que todos os anos ofrece para que os deportistas desenvolvan a súa actividade nunhas condicións idóneas.

Listado de puntuacións e clasificación

compartir

axenda