NovasIr a esta sección

VIA MARIANA LUSO GALAICA
Data de publicación: 16 de novembro de 2018
O Alcalde de A Cañiza xunto cos promotores da Vía Mariana presentaron esta máña o proxecto de creación do Centro de  Interpretación da Vía e dun albergue de peregrinos no Centro Cultural de O Feirón na parroquia de Parada.

A

A CAÑIZA PRESENTA O FUTURO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA VÍA MARIANA LUSO GALAICA

 

A Cañiza, a 16 de novembro de 2018.

  • A Via Mariana no seu eixe principal discurre entre os máis importantes santuarios de devoción mariana entre a cidade portuguesa de Braga e Muxía, pasando polo santuario da Franqueira, na Cañiza entre outros.
  • En palabras do Alcalde, Miguel Domínguez, esta Vía converterase nun instrumento revitalizador da parroquia de Parada e do Municipio, aproveitando os recursos endóxenos da nosa contorna e da nosa paisaxe e o Concello, como custodio dos intereses do Municipio, apostou dende sempre por este gran proxecto.
  • Na presentación desta mañá tamén estivo presente Luis do Freixo, un dos creadores e ideólogos da Vía que adiantou que antes de que remate o ano  a Vía xa estará nas redes sociais e que a día de hoxe son múltiples os operadores turísticos que preguntan por ela.

ALBERGUE DE PEREGRINOS E CENTRO DE INTERPRETACIÓN NAS INSTALACIÓNS DA CASA CULTURAL DO FEIRÓN ( parroquia de Parada) 

O Centro de Interpretación aspira a convertirse nun referente tanto para os peregrinos como para calquera que desexe conocer a priori esta ruta que recupera camiños sepultados trás décadas de esquecemento, fragas máxicas, naturaleza pura  e un riquísimo patrimonio material e inmaterial que temos a obriga de conservar e por en valor. O albergue estará situado no mismo entorno creando un conxunto lúdico e inspirador para recibir o peregrino.

Este proxecto é o fruto do Convenio asinado entre a Comunidade de Montes e a Asociación de Veciños de Parada co Concello da Cañiza, e consiste na reforma e ampliación dos dous edificios existentes en O Feirón, un emblemático lugar na parroquia de Parada de Achas na Cañiza.

No acto de presentación do proxecto estaban presentes, ademais do alcalde da Cañiza Miguel Domínguez, representantes das directivas da Asociación de Veciños de Parada, da Comunidade de Montes de Parada e da directiva da Asociación Vía Mariana Luso Galaica, destacando Luís “do Freixo” Martinez, ideólogo e promotor –conxuntamente con José Antonio de la Riera- da Vía Mariana. Tamén asistiu a presentación o arquitecto Alberto de Paula que explicou os detalles da proposta: “unha actuación que respetando a volumetría orixinal da edificación, incorpora novas tecnoloxías, xerando un novo espazo para estímulo dos sentidos, inspirando, suxirindo e provocando visitar insitu o que alí se conta”.

A Vía Mariana Luso Galaica está chamada a ser un elemento dinamizador socio-económico das terras que atravesa. Co itinerario xa establecido, os axentes sociais de base promotores da Vía (comunidades de montes, asociacións de veciños e  culturales etc.) coordinados pola Asociación Via Mariana están traballando na sinalización e para que teña os servizos necesarios para os peregrinos que percorran a Vía

compartir

axenda