NovasIr a esta sección

Unha senda peonil permitirá aos alumn@s de Valeixe acceder ao CEIP sen riscos
Data de publicación: 14 de xaneiro de 2020

Os alumnos poderán acceder ao seu centro educativo a pé sen correr riscos de atropelo unha vez estea realizada a obra prevista no seu exterior e que foi recentemente adxudicada pola Deputación de Pontevedra á empresa Construcións, Obras e Viais S.A. 

 

A actuación prevé unha senda peonil, unha zona de estacionamento de coches e outra para autobuses e a execución dunha beirarrúa na entrada ao colexio, que dará acceso a un dos pasos de peóns sobreelevados, posibilitando que tanto a entrada como a saída do colexio sexan seguras.

Ademais, desde o colexio e ata o punto quilométrico 8+975, farase unha redistribución dos espazos, deixando carrís de tres metros de ancho e a beiravía esquerda dun metro de ancho, de maneira que quede unha senda na marxe dereita para favorecer o tránsito peonil do alumnado. A

obra tardará seis meses en realizarse unha vez que se asinou o contrato e custará 824.200 euros, "tendo en conta que, ademais da mellora da entrada ao colexio de Valeixe, contempla a reposición do firme e mellora da seguridade en 12,3 quilómetros da estrada provincial EP-5003, da Cañiza a Arbo.

Os traballos inclúen fresado, reposición de firme e capa de microaglomerado en frío nun dos tramos. Revisarase a sinalización vertical e elevaranse varios dos seus pasos de peóns

compartir

axenda