NovasIr a esta sección

SANTO CRISTO DA AGONÍA
Data de publicación: 25 de xuño de 2018

O 8 de xullo A Cañiza se engalana para celebrar a súa festividade

Organizado pola Asociación Cultural Santo Cristo da Agonía coa colaboración do Concello de A Cañiza.

Días 6, 7 e 8 de xullo de 2018

 

 

 

 

 

 

 

Sauda  do  Alcalde

Miguel Domínguez Alfonso

O 8 de xullo A Cañiza volverá a engalanarse para honrar ao Santísimo Cristo da Agonía e á Virxe Dolorosa. Dúas advocacións que os cañicenses veneran dende hai máis dun século e que na actualidade contan co cariño e fervor de todos os nosos veciños.

Son moitas as mostras de afecto que durante o ano reciben estas imaxes pero que se ven engrandecidas chegado o verán coa súa festividade. Nos últimos anos naceu na nosa Vila a Asociación do Cristo da Agonía e da Virxe dos Dolores, integrada por homes e mulleres que con todo o respeto conseguiron embelecer estas celebracións enaltecendo os seus actos e devolvendo o clamor dos cañicenses hacia estos cultos.

Por todo isto e como veño repetindo durante os últimos anos, dende o Concello estamos orgullosos de ter participado no impulso e fortalecemento desta nova Asociación, apoiando e patrocinando os seus actos. Tamén dende o Concello fixemos posible que por quinto ano volvamos a contar coa presenza da Banda de Guerra da Brilat.

Todo este traballo conxunto que ademáis conta co apoio da Parroquia, nos une a todos nun día grande.  

Aproveito pois para unha vez máis recoñecer o traballo e dedicación destes homes e mulleres e tamén cativos que ano tras ano consiguen emocionarnos no desenvolvemento dos actos litúrxicos procesionais.

Quero tamén agradecer  á comisión organizadora das festas o enorme esforzo que realiza durante todo o ano para conseguir que o segundo fin de semana do mes de xullo, todos poidamos sentirnos orgullosos desta celebración. Vaia tamén o meu agradecemento aos veciños da Vila, aos comerciantes e establecementos que cos seus donativos fan posible que poidamos celebrar estos festexos.

Para rematar como Alcalde de A Cañiza e en nome e representación de todos o cañicenses, solo me queda invitar a todos os nosos conveciños e visitantes a participar das nosas celebracions e desexarvos a todos felices festas do Santísimo Cristo da Agonía.

O Alcalde do Concello de A Cañiza

Asdo. Miguel Adolfo Domínguez Alfonso

 

 

 

compartir

axenda