NovasIr a esta sección

Reforma da cuberta dos vestiarios do Campo de Fútbol Municipal do Vieiro
Data de publicación: 13 de xullo de 2020

Unha obra, por un importe de 18.200 €uros que viña sendo urxente executar para eliminar o amianto ou uralita do tellado, por ser este material altamente contaminante e de risco para a saúde.

O que implica que terá que actuar unha empresa especializada para retirar estos residuos considerados altamente perigosos.

O ALCALDE DA CAÑIZA, LUIS PIÑA, INCLÚE O CAMBIO DA CUBERTA DOS VESTIARIOS DO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL DO VIEIRO, POR UN IMPORTE DE 18.200€, DENTRO DAS OBRAS SUBVENCIONADAS POLO PLAN CONCELLOS 2020 DA DEPUTACIÓN.      

O cambio da cuberta dos vestiarios deste campo de fútbol está xustificada tamén pola mala conservación da instalación e á súa antigüedade que provocaba condensación de aire, humidades e filtracións entre outros problemas.

Unha obra presupuestada en case 18.200 €uros que é un exemplo da política municipal emprendida polo Alcalde Luis Piña de manter as instalacións existentes no mellor estado posible e non aumentar o inventario de bens considerando a precariedade económica pola que atravesa o Consistorio.

compartir

axenda