NovasIr a esta sección

RECUPERACION DA PONTE MEDIEVAL DE NOCEIFAS E DA SÚA CONTORNA
Data de publicación: 06 de novembro de 2018

Está mañá o Alcalde achegouse xunto cos técnicos de Patrimonio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta ata a ponte medieval de Noceifas, na parroquia do Couto, para supervisar os traballos que se desenvolverán para rehabilitar e por en valor esta contorna,

MIGUEL DOMÍNGUEZ SUPERVISA XUNTO COS TÉCNICOS DE PATRIMONIO DA XUNTA DE GALICIA OS TRABALLOS A REALIZAR NA PONTE MEDIEVAL DE NOCEIFAS

Está mañá o Alcalde achegouse xunto cos técnicos de Patrimonio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta ata a ponte medieval de Noceifas, na parroquia do Couto, para supervisar os traballos que se desenvolverán para rehabilitar e por en valor esta contorna, grazas a un convenio de colaboración que se asinará entre a Consellería e o Concello, tras o compromiso adquirido polo Conselleiro de Cultura na última reunión mantida co Alcalde.

Nesta ponte que cruza o río Ribadil e que pertence a zona Rede Natura Baixo Miño, o Concello desenvolveu nos últimos anos varias actuacións encamiñadas á mellora ambiental.

A sinatura deste Convenio permitirá agora potenciar este recurso patrimonial e turístico retirando parte da vexetación que supón un risco para a ponte xa que as raíces de varias árbores  comprometen a estabilidade da estrutura. Tamén se recolocarán varias pedras que se atopan caídas no leito do río e se rozará todo o trazado da ruta que se achega río abaixo ata o Concello de Crecente e sinalizará colocando paneis de interpretación que expliquen as súas características.

compartir

axenda