NovasIr a esta sección

Programa Integrado de Emprego A PARADANTA INSERTA
Data de publicación: 23 de novembro de 2018

 O Concello da Cañiza lidera a posta en marcha deste Programa  no que participan os catro Concellos da Paradanta e que ten por obxectivo formar a un total de 100 persoas desempregadas da Comarca para facilitar o acceso ao mercado laboral.

O vindeiro martes, 27 de novembro de 2018, ás 17h30 celebrarase unha 1ª reunión informativa no Salón de Plenos do Concello para todas as persoas que estén interesadas en coñecer e participar neste proxecto de formación.

O Concello da Cañiza resultou beneficiario dunha subvención  da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia por unha cuantía de 250.000 €uros, para a realización dun Programa Integrado de Emprego, que se solicitou conxuntamente entre os catro Concellos da Comarca da Paradanta.

Este programa denominado “A Paradanta Inserta”, está dirixido á formación e inserción laboral de persoas desempregadas en búsqueda de traballo. No mesmo participarán un total de 100 persoas  desempregadas dos catro Concellos da Comarca inscritas na Oficina de Emprego da Cañiza pertencentes a diferentes colectivos

20 persoas menores de 30 anos con baixa cualificación

15 persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas

15 persoas desempregadas perceptoras de subsidios de desemprego ou RAI

20 persoas desempregadas mulleres

15 persoas desempregadas de longa duración

15 persoas desempregadas que non estén incluídas en ningún dos grupos anteriores)

cun obxetivo común: inserción  laboral dun mínimo do 35% sobre os participantes.

Os Concellos poñen a disposición do proxecto instalacións, equipamentos  e persoal propio cualificado para a realización do mesmo, ademáis de incorporar ao Proxecto contratación de persoal adecuado (orientadores laborais e prospectores) para a execución do mesmo.

Os beneficiarios participarán nunha serie de accións gratuítas  coa finalidade principal de inserción no mercado laboral. Poderán acceder a axudas por desprazamentos e conciliación sempre e cando reúnan os requisitos para a obtención das mesmas.

Recibirán sesións de orientación e asesosamento, entre outras actividades de carácter individual e persoal, segundo o seu perfil laboral e profesional. Poderán participar en talleres e obradoiros: coaching  e técnicas para a búsqueda de emprego, elaboración de curriculums, obradoiros de entrevista, mobilidade xeográfica, etc

Formación transversal (informática e/ou idiomas)

Realización de prácticas profesionais non laborais, así como cursos de formación  como curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (para a consecución do certificado de profesionalidade), curso de dependente de comercio, de hostelería,  curso de operacións básicas de almacén e manexo de carretilla elevadora, curso de aplicador de productos fitosanitarios, etc.

Para máis información o Concello da Cañiza celebra unha primeira sesión informativa o vindeiro martes día 27 de novembro de 2018 ás 5:30 da tarde no Salón de Plenos da Casa Consistorial do Concello da Cañiza (Rúa Oriente nº 11 2º andar), dirixida a todos os desempregados da Comarca interesados en participar no Proxecto.

Con posterioridade a este primer evento, tamén se desenvolverán sesión informativas nos restantes Concellos da nosa Comarca, co fin de informar a todos os interesados.

compartir

axenda