NovasIr a esta sección

PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN DO ALUMEADO DE NADAL
Data de publicación: 19 de novembro de 2020

O Concello explica o procedemento de contratación da empresa encargada de instalar e decorar o alumeado de Nadal durante os vindeiros 3 anos.

  1. É a 1ª vez que se inicia este procedemento en aberto para a contratación do servizo de instalación do alumeado de Nadal en réxime de aluguer a 3 anos por un importe de 68.527,09 €  máis Ive que poderá prorrogarse por 1 ano máis.

 O ano pasado realizouse na modalidade de contrato menor por un ano.

 

  1. Co obxectivo de promover unha imaxe máis atractiva do Concello nas datas de Nadal e dinamizar a actividade comercial, o Concello promoveu este procedemento aberto baixo criterios de sostenibilidade, apostando pola implantación de novas tecnoloxías de menor consumo enerxético e “alto valor estético”.

 

  1. O contrato inclúe a instalación de  arcos, decoración de árbores e a iluminación da fachada do Concello e do lavadoiro do Regueiro. Ademáis das rúas da Cañiza tamén se instalará iluminación en cada parroquia. No contrato tamén estarán incluidos os gastos de legalización, autorización e inspección regulamentaria.

 

  1. O Procedemento inciado o 13 de outubro cunha Providencia de Alcaldía,  públicouse na Plataforma Estatal de Contratación do Sector Público o 28-10-2020. O Prazo para que todas as empresas interesadas puideran acceder á documentación e pregos de condicións técnicas e económicas do Concello, estivo aberto ata o 11 de novembro e o prazo de presentación de ofertas ata o  12/11/2020 ás 23:59.

 

  1. Neste tempo presentáronse únicamente dúas empresas. A apertura dos sobres de carácter administrativo ou SOBRE A, celebrouse o pasado venres, 13 de novembro, sendo necesario requerirlle a unha das empresas a subsanación de documentación. Unha vez completada a achega de documentos, verificouse pola Mesa que as empresas cumprían con todos os requisitos para participar,  as condicións de admisión, a solvencia técnica profesional e a solvencia económica financieira.

 

  1. O procedemento continuou coa apertura  do SOBRE B que fai referencia á oferta técnica, evaluable subxetivamente por criterios sometidos a xuízos que valora a empresa de asesoría externa do Concello.

 

  1. Unha vez emitido este informe pola asesoría, volveuse a reunir a Mesa de Contratación para a apertura do Sobre C de Condicións Económicas, evaluable mediante fórmulas.

 

  1. O Procedemento rematará coa adxudicación que proceda da proposta da Mesa de contratación.

 

compartir

axenda