NovasIr a esta sección

Plan de Transporte: a Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta acepta as alegacións presentadas polo Alcalde Luis Piña
Data de publicación: 11 de febreiro de 2020

Modificando as frecuencias horarias das rutas de transporte ao seu paso polo Municipio

Foto. Barrio da Miñoteira ( parroquia de Valeixe)

• Estas modificacións melloran as rutas da Cañiza- Valeixe- Arbo- Vigo e conecta ao CEIP de Touzosas co núcleo urbano.

• Ademáis, o alcalde da Cañiza, Luis Piña, remitirá nuns días unha nova proposta de mellora das frecuencias horarias pola estrada N-120.

• Nas alegacións presentadas pola anterior Alcaldía, referentes ás rutas da autovia A52 e N-120, non se concreta ningunha proposta, polo que a Dirección Xeral de Mobilidade, en data do 15 de abril de 2019, desestima o escrito presentado, en base a que polo seu contido non se consideran como alegacións.

11/02/2020. Con todo, o pasado 28 de agosto esta Alcaldía presentou as alegacións aos proxectos de explotación de servicios públicos de transporte de viaxeiros, iniciados pola Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta, para reclamar modificacións horarias nas rutas afectadas ao seu paso pola Cañiza.

Conseguiuse que se modificaran os horarios nas relacións entre a Cañiza e Arbo, dando servizo aos centros educativos intermendios. saída da cañiza ás 9h00, facendo coincidir co horario de entrada ao CEIP de Valeixe.

Ademáis rectificarase este Plan de Transporte prolongando o servizo paralelo ao Miño, que vai de Vigo a Arbo, Valeixe ata A Cañiza. Esta é a ruta que sae de Vigo ás 13h30, pasando por Arbo, ás 15h00 que adiantará o seu horario para coincidir coa finalización da xornada escolar no CEIP de Valeixe, ás 14h30 e finalizar o percorrido no casco urbano. tamén conseguimos ampliar a ruta ata o centro da vila na liña con orixe dende Vigo (con parada en Arbo) ás 20h30.

Estas alegacións foron aceptadas pola Dirección Xeral tendo en conta que nos últimos anos, debido aos cambios derivados da elaboración do Plan de Transporte Público de Galicia, os veciños da Cañiza víronse seriamente perxudicados, mermando e dificultando as súas posibilidades de desprazamento a outras localidades como Ourense, Vigo, CUVI, Hospital Alvaro Cunqueiro ou Pontevedra para realizar xestións médicas, laboráis ou educativas.

Nesta mesma liña de actuación o Alcalde da cañiza, Luis Piña, reuniuse en San Caetano o pasado 3 de febreiro coa Conselleira de Infraestruturas da Xunta, Ethel Vázquez, para exponer e remarcar a necesidade que ten a Cañiza de mellorar as frecuencias horarias do transporte público nas rutas por estrada, xa que ademáis de reforzar este tipo de comunicación, aportará un servizo añadido ao territorio por onde discurre a N-120. nestes días o Alcalde remitirá á Consellería unha nova proposta con suxerencias de mellora nas frecuencias horarias desta ruta.

Nas alegacións presentadas pola anterior Alcaldía, referentes ás rutas da autovía e da N-120, non se concreta ningunha proposta, polo que a Dirección Xeral de Mobilidade, en data do 15 de abril de 2019, desestima o escrito presentado, en base a que polo seu contido non se consideran como alegacións.

 

compartir

axenda