NovasIr a esta sección

Pinchado do Campo de Fútbol do Vieiro
Data de publicación: 19 de outubro de 2020

O Servizo de Medioambiente da Deputación de Pontevedra executou onte, durante toda a mañá, estes traballos que prepararán o terreo do campo para afrontar con maior resistencia o xogo nas tempadas con maiores inclemencias meteorolóxicas.

Uns traballos que se desenvolven todos os anos dentro do Plan Anual de mantemento dos campos de fútbol de herba natural da Deputación  que consiste en facer un picado oco nos 7.000 m2 de superficie do campo para retirar pequenas porcións de terreo co obxectivo de que o chan airee. Posteriormente estes ocos se rechean con area, con cargo aos recursos do Concello. Esta actuación, cun coste superior os 3.000,00€, aporta ao céspede unha maior calidade xa que a aireación permite que se rexenere a raíz tanto en volumen como en profundidade e así se prepare o terreo para afrontar con maior resistencia as inclemencias meteorolóxicas.

compartir

axenda