NovasIr a esta sección

Operación Centinela de defensa dos montes galegos 2020
Data de publicación: 17 de agosto de 2020

O Alcalde, Luis Piña recibiu esta mañá no Concello aos oficiais da Brilat do 1º operativo desplegado na Cañiza en 2020 dentro da Operación Centinela de defensa dos montes galegos.

IMAXE: O Alcalde, Luis Piña, despacha co Capitán Alberto Roa e co Teniente Martín Araújo.

 

O ALCALDE RECIBE ESTA MAÑÁ NO CONCELLO AOS OFICIAIS DA BRILAT DO 1º OPERATIVO DESPLEGADO NA CAÑIZA DENTRO DA OPERACIÓN CENTINELA DE DEFENSA DOS MONTES GALEGOS 2020

·       Trátase dunha operación de reforzo para loitar e previr os incendios forestais, posta en marcha o pasado 15 de agosto.

O Capitán Alberto Roa e o Teniente Martín Araújo informaron esta mañá ao Alcalde  sobre esta estratexia que permanecerá activa ata o 30 de setembro co despregamento inicial de 27 patrullas nas zonas da comunidade con maior actividade incendiaria, unha delas na comarca do Condado - Paradanta, con sede na Cañiza.

Ademais dos labores de vixilancia continua, que contarán con drons, os efectivos militares despregados realizarán unha importante acción de disuasión e visibilidade.

 

Nesta primeira reunión o Alcalde, Luis Piña, agradeceu a “esencial labor que o Exército leva desenvolvendo nestes anos na loita contra os incendios e que neste 2020 é máis necesaria que nunca pola situación extrema de sequía vivida nos dous últimos meses”. Luis Piña lle transmitiu aos oficiais “o cariño co que a nosa veciñanza os acolle todos os anos e tamén a vontade do consistorio de colaborar e traballar conxuntamente sempre que a situación o requira”.

O pasado ano o Alcalde adoptou a decisión de buscar un mellor emprazamento para as patrullas con sede na Cañiza que ata o 2018 se aloxaban nos comedores e anexos do Centro de Ensinanza de Carballo do Marco. O ano pasado adaptouse o Centro Cultural O Pateiro de Oroso para que estes efectivos poideran traballar e descansar con maior comodidade. A estes efectos dotouse á instalación de auga potable coa construcción dun pozo, de quentador de auga e de duchas. Ademáis contan cun espazo único para a instalación das habitacións e outro para o posto de mando.

compartir

axenda