NovasIr a esta sección

Obras na Praza de San Roque en Gonda - Luneda
Data de publicación: 17 de novembro de 2020

Este luns comezaron as obras de construcción dunha cubrición nunha parte da Praza, subvencionadas ao 100% pola Deputación Provincial con 26.650,27 €

  1. A subvención para a execución desta obra foi notificada ao Concello por parte da Deputación o 13/03/2019 pero estaba paralizada porque contaba cun informe desfavorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta que non autorizaba a obra, feito que se lle comunicou ao Concello por Resolución do 07/03/2019. Ademáis non se pediran as correspondentes autorizacións a Confederación Hidrográfica Miño- Sil.

 

  1. Unha das primeiras decisións que Luis Piña tivo que adoptar como Alcalde, foi modificar o proxecto e volver a solicitar as autorización sectoriais  ata contar cos informes favorables desta obra que arranca case un ano despois, xa que a autorización de Confederación Hidrográfica foi concedida o pasado 5 de outubro de 2020.

 

As obras que comezaron este luns en Luneda están subvencionadas ao 100% con 26.650,27€,  dentro da Liña 1 do Plan Concellos do Servizo de Cooperación da Deputación de Pontevedra 2018/2019. Consiste na cubrición da área da Praza de San Roque de Luneda, da parte xa construida destinada a servizos, co obxecto de poñela en uso nos eventos que se celebran durante o ano. Quedarán colocados pilares de aceiro de 140*140mm anclados na soleira, conseguindo maior sensación de lixereza e construirase una estructura mixta metálica-madeira formada por pilares metálicos e estrutura de cuberta en madeira de carballo autóctono e cobertura con tella curva cerámica de color vermello a dúas augas.

Este proyecto denominado “formación de cubrición en edificación existente na Praza de San Roque de Luneda”, non contaba coa autorización de Patrimonio da Xunta de Galicia como así se lle comunicou ao Concello na Resolución de data 07/03/2019. Ademáis non contaba co informe sectorial da Confederación Hidrográfica, indispensable por estar na zona de policía da Regueira do Acival.

O Alcalde Luis Piña tivo que reunirse en varias ocasións cos técnicos da Confederación para explicar o obxecto da obra, ademáis de enviar as modificacións necesarias para respostar aos requerimentos deste Organismo ata que o 5 de outubro de 2020 se obtén a autorización definitiva da obra.

compartir

axenda