NovasIr a esta sección

Miguel Domínguez solicita á Deputación a recuperación da Ponte de Achas
Data de publicación: 28 de novembro de 2018
Como estaba prometido e acordado na Visita que A Presidenta da Deputación realizou á Cañiza con motivo da inauguración do novo Vial sobre o río Deva. Miguel Domínguez presenta no rexistro de entrada da Deputación a instancia avalada polas firmas dos veciños da parroquia de Achas.

O ALCALDE DE A CAÑIZA SOLICITA Á DEPUTACIÓN A RECUPERACIÓN DA PONTE DAS ACHAS E DA SÚA CONTORNA

 

Solicitude presentada no Rexistro de Entrada da Deputación Provincial

Miguel Domínguez solicita á Deputación de Pontevedra que se cumpla o comprometido na visita da Señora Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a este Concello o pasado 2 de decembro de 2016 para inaugurar  a nova variante da EP 5002 Ponte sobre o río Deva rotonda enlace EP 5002 con EP 5102 e se executen as actuacións necesarias para a recuperación e mellora desta Ponte de incalculable valor non so patrimonial, senón tamén histórico.

A Construcción desta variante estivo motivada pola urxente necesidade de desviar a circulación da antiga ponte románica de Achas, co obxectivo de protexer este importante elemento da nosa arquitectura civil e tamén de poñelo en valor, restaurando a Ponte e mellorando a súa contorna. Así estaba comprometida esta actuación, paralela a construcción do vial, durante o goberno do Partido Popular.

A Presidenta da Deputación comprometeuse igualmente hai dous anos a levar a cabo as actuacións necesarias para a restauración e mellora da Ponte, sin que ata o momento se teña constancia nesta Alcaldía dos traballos desenvolvidos a tal efecto.

A Ponte de Achas, xunto coa Ponte de Mourentán en Arbo foron claves na historia da Guerra da Independencia. Está considerada como un dos Sítios da Comarca da Paradanta da Resistencia das Alarmas contra as Tropas Napoleónicas nos acontecementos do mes de febreiro de 1809 en Galicia. Nesta ponte foron retidos os soldados franceses, permitindo á resistencia galega reorganizarse na localidade de Ribadavia. 

compartir

axenda