NovasIr a esta sección

Miguel Domínguez presenta en A Cañiza xunto cos organizadores o III Raid do Condado Marqués de Vizhoja
Data de publicación: 07 de setembro de 2018

Proba puntuable para o Campionato Nacional de Raids de Aventura que se celebrará durante o fin de semana do 15 e 16 de setembro nos concellos de A Cañiza, Arbo, As Neves e Salvaterra.

 

 

Os organizadores deste evento deportivo, Club Cornelius e Marqués de Vizhoja da man de Jorge Peláez, escolleron o Concello de A Cañiza para a presentación deste evento deportivo. O Alcalde Miguel Domínguez estivo acompañado da concelleira de Deportes de Arbo, Vicenta Rodríguez e dos concelleiros de As Neves, Oscar González e Salvaterra Ernesto Groba. 

A carreira está enmarcada tanto na liga galega como nacional e este ano ademais decidirá aos Campións de España desta disciplina deportiva. Todo iso fai que se espere que cheguen equipos de toda España, como na pasada edición na que participaron 54 conxuntos e uns 160 corredores vindos de diferentes puntos da Península.

A primeira etapa, con saída na Cañiza e meta en Salvaterra de Miño pasando polas Neves, será o sábado de 09:00 ata as 01:00 horas da madrugada e terá un 150km de percorrido. A do domingo desenvolverase de 9:00 a 13:00 horas con saída en Arbo e meta no Pazo A Moreira de Adegas Marqués de Vizhoja, que discorrerá polos espectaculares viñedos da adega galega, cun total duns 40 quilómetros.

Durante a carreira os equipos deberán pasar polos puntos de control sinalizados no mapa, dando a libre elección o percorrido para realizar. Vencerá o equipo que consiga o maior número de puntos no menor tempo. As disciplinas que se desenvolverán no Raid serán trekking, bicicleta de montaña, kaiak, rappel e outra que aínda é “secreta” e desvelarase os días previos á carreira.

Os equipos xa poden inscribirse a través da plataforma www.tracktherace.com, podendo facelo nas categorías: elite (3 corredores sempre en carreira), aventura masculina / junior/feminina (2+1, con substitución do terceiro corredor), promoción longa (de 2 a 5 corredores, con substitucións, será aproximadamente o 60% do percorrido total) e promoción curta (de 2 a 5 corredores, con substitucións, será só a etapa do domingo). As categorías de promoción están dirixidas para deportistas que descoñezan os raids de aventura e queiran probar este deporte ou ben para quen xa o fixeron pero aínda non teñen a experiencia que esixe as categorías elite e aventura.

 

compartir

axenda