NovasIr a esta sección

A Xunta rentén ao Concello o 60% dos ingresos que lle corresponden pola participación no Fondo de Cooperación Local
Data de publicación: 06 de outubro de 2020

un total de 117.537,30 € para compensar a SOGAMA, Sociedade Galega do Medio Ambiente, por non ter pagado a deuda xerada pola retirada,  transporte e tratamento do lixo do noso concello hacia a planta de Cerceda.

  •  A Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia enviou ao Concello a comunicación da retención dun total de  14.095,35 € ao mes en 9 mensualidades,  ata ter pagados os 117.537,30 € que lle debe o Concello a Sogama. Desta candidade 84.166,29 € corresponden ao ano 2018.
  •  
  • Nos últimos anos o Concello xa viña arrastrando con SOGAMA unha débeda duns 100.000 €uros ao ano, pero a Xunta de Galicia nunca aplicara ata agora a retención nos ingresos do Concello do Fondo de Cooperación.
  •  
  • Esta retención por parte da Xunta agrava a xa de por sí debilitada situación económica do Consistorio que verá reducidos nun 60% os ingresos que lle corresponden polo FCL, nun momento en que é público que as débedas acumuladas e o descuido dos últimos anos están provocando unha  forte e negativa presión económica sobre as contas locais.
  •  
  • Cunha débeda de case 3 millóns de €uros en facturas, o Concello da Cañiza irá paso a paso, esforzándose ao máximo para poder remontar a insostible situación económica actual, pero se necesitarán anos para poder regularizar as contas.

Con todo a día de hoxe o Concello xa ten pagado todo o  ano 2019, grazas a un importante esforzo de contención do gasto que posibilitou facer tres pagamentos:

  1º pagamento: 30/12/2019 data en que se pagou o 1º semestre  de 2019 por un importe de 48.532,95 €,

  2º pagamento: 13/07/2020 no que se pagou os meses de xullo, agosto e setembro de 2019: 32.340,30€ 

  3º pagamento: 04/09/2020. Págase o cuarto trimestre de 2019 por un importe de 26.098,45€.

Nestes días estase preparando outro pago a SOGAMA despois de que a semana pasada se lle comunicara  ao Concello que se faría efectiva a retención da débeda dos ingresos do Fondo de Cooperación Local.

Dende que o pasado 14 de xullo de 2020 a Sociedade Galega do Medio Ambiente SOGAMA apercibira ao Concello da falta de pagamento do canon unitario da recollida de residuos adeudados dende abril de 2018, o Consistorio fixo un importante esforzo para poder abonar os últimos seis meses de 2019, xa que o 1º semestre dese ano liquidouse o 30/12/2019. 

A Alcaldía xa ten ordenado un novo pago para ir minorando esta e outras débedas que fan que o Concello teña que afrontar con moitas dificultades a súa función pública, ao ter que pagar un inasumible número de facturas. Todo o esforzo económico deste ano 2020  está  centrado na contención do gasto para ir pagando o adeudado e ao mesmo tempo xenerar aforro.

O pago do canon a SOGAMA representa un 40% dos costes da recollida da basura na Cañiza. A Sociedade cobra por retirar, transportar e tratar os residuos dos contenedores verdes unha media de 9.000€/mes.  A Cañiza xenera entre 130 e 140 toneladas de lixo ao mes que hay que multiplicar por 62.93 €/tn. máis ive.

Como dato relevante este mes de agosto de 2020 a factura de SOGAMA ascendeu a 11.626,70€, cifra similar a agosto de 2019 cunha facturación de 12.038,58. Este dato revela que, ainda que estamos nun estado de Transición á Nova Normalidade pola crise sanitaria causada pola covid19  e houbo que aplicar os protocolos e suspensión dalgúns eventos, os gastos en servizos básicos non se viron reducidos.

Con todo dende o Concello estase traballando atendendo as necesidades dos veciños  e sin poñer en risco os servizos municipais básicos.

compartir

axenda