NovasIr a esta sección

A piscina municipal climatizada non abrirá
Data de publicación: 30 de setembro de 2020

A situación sanitaria xerada pola COVID-19, que nos sitúa en plena 2ª ola de coronavirus, obriga á aplicación de esixentes garantías e moi severos controis sanitarios e de limpeza e desinfección para reducir o risco de contaxio da enfermidade, o que se traduce na reducción de aforo, ventilación contínua de toda a instalación (máis de 1700 m2) e contratación de máis persoal. Medidas imposibles de adoptar polo concello debido á actual situación económica do consistorio que supera os 2,9 millóns de euros de débeda.

CUNHA PERDA DE 1.395.505,32€ NOS ÚLTIMOS 9 ANOS E UN DÉFICIT DE  174.000€/ANO, A PISCINA CLIMATIZADA É A INSTALACIÓN QUE MÁIS CUSTE XENERA AO CONSISTORIO.

ESTASE ESTUDIANDO A SÚA VIABILIDADE CUNHA POSIBLE REFORMA, XA QUE O MODELO DA PISCINA DA CAÑIZA, CON 25 ANOS DE VIDA, QUEDOU OBSOLETO NA ACTUALIDADE, AINDA QUE NOS SEUS INICIOS FOI UN REFERENTE.

XA DISPOMOS DE VARIAS OFERTAS PARA ANALIZAR A SOSTENIBILIDADE DA INSTALACIÓN.

En plena segunda ola de coronavirus, o Concello da Cañiza decide non abrir esta instalación porque ante esta grave situación sanitaria, na que están aumentando os contaxios por COVID-19, non podemos adaptarnos aos moi severos protocolos esixidos para este tipo de instalacións. Unha das máis importantes medidas a adoptar é a ventilación contínua de toda a instalación que conta cunha superficie de 1.726,07 m2, cunha piscina olímpica de 312.75 m2 e un vaso de ensino de 75 m2

Ademáis a ventilación se extende ás zonas de paso, bancadas de espera, gradas, vestiarios, baños, duchas, taquillas, recepción…. Unha instalación enorme que xa de por sí ten uns elevadísimos costes enerxéticos para manter a temperatura que se fai incompatible coa medida principal de ventilación en contínuo e precisamente a ventilación é unha das medidas máis importantes para evitar o hacinamento, un dos factores que máis favorecen a transmisión do virus.

Outras das medidas obrigatorias que tería que asumir o Concello serían a reducción do aforo, o aumento das accións de limpeza e desinfección, o aumento do tratamento da auga dos vasos e a renovación constante da adición da auga de aporte o que implicaría un consumo moi superior da auga da traída.

A situación sanitaria sumada aos altísimos costes derivados do funcionamento da piscina fan imposible poder abrir esta instalación, propia dun Concello de máis de 40.000 habitantes, 8  veces máis poboación que a que ten A Cañiza.

 

Con todo, estase estudiando a viabilidade da piscina que pasaría inevitablemente por unha importante reforma para adaptar tanto os sistemas enerxéticos como o modelo de piscina aos novos tempos e ás demandas dos usuarios.

compartir

axenda