NovasIr a esta sección

A empresa Construcciones Taboada y Ramos reclama ao Concello o pago de facturas do ano 2018 por un importe de 86.330,79¤
Data de publicación: 07 de outubro de 2020
  • A través do seu representante, o pasado 21 de setembro a empresa presentou no rexistro de entrada do concello dous requerimientos para reclamar o abono das facturas  número 419, 420 e 421 de data 09/07/2018, correspondentes a pavimentación de camiños no rural.
  • A empresa resultou adxudicataria do contrato de pavimentación de camiños no Concello con expediente nº C/01/2015, polo que se suscribiu o correspondente contrato o 14 de abril de 2015, pero durante a execución da obra, dende a Alcaldía acordouse desenvolver outros traballos a maiores, de pavimentación de camiños anexos e sobreanchos da traza principal, que NON estaban contemplados no proxecto das obras nin tiñan financiación nin partida orzamentaria para poder acometelos.
  • Como resultados destas obras, que eran unidades executadas en continuidade da obra contratada, xeneráronse as tres facturas que reclama a empresa, por importe de 29.245,83€, 24.169,77€ e 32.915,19€ e que a día de hoxe seguen sen pagar por non contar cos informes favorables dos órganos competentes. 
  • Estas facturas forman parte da débeda de case 3 millóns de €uros en facturas pendientes de pago que a día de hoxe ten que afrontar o Concello da Cañiza.
compartir

axenda