NovasIr a esta sección

A Directora de Turismo de Galicia e o Alcalde supervisan as melloras no Conxunto Histórico da Franqueira
Data de publicación: 27 de febreiro de 2019

PROXECTO IMPULSADO POLA XUNTA E O CONCELLO

 

Nava Castro visitou esta mañá as novas melloras impulsadas pola Consellería de Cultura e Turismo na capela de Santa María da Franqueira, en virtude dun convenio asinado entre a Axencia Turismo de Galicia e a Diócese de Tui-Vigo que incluíu diferentes traballos no altar e no fondo do Santuario, así como a plantación de árbores no exterior.

Durante a visita, Nava Castro comprobou os resultados destas actuacións que dan continuidade aos máis de 137.000 euros investidos na mellora deste núcleo histórico por parte da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Turismo de Galicia, nos últimos anos en colaboración co Concello de A Cañiza. Estes traballos xa incluíran diferentes melloras no conxunto das rúas interiores do núcleo así como o cambio do pavimento, sumidoiros e luminarias e a humanización destes espazo histórico.

 

A Consellería de Cultura e Turismo continúa así apoiando e poñendo en valor este recurso que supón un gran atractivo turístico e patrimonial da provincia de Pontevedra, onde se erixe o este Santuario que rende culto á imaxe da Virxe da Fonte, coñecida por ser unha das imaxes marianas máis antigas de toda Galicia, xunto coa Virxe da Barca e das Ermidas.

 

Interese turístico de Galicia
O Santuario da Franqueira forma parte, ademais, da experiencia turística impulsada ao abeiro do produto cabeceira de marca de Galicia, Santuarios Máxicos, que propón a visita a diferentes santuarios galegos.

 

compartir

axenda