NovasIr a esta sección

A Comarca da Paradanta tamén presente en FITUR
Data de publicación: 24 de xaneiro de 2020

A rede de observatorios nocturnos e miradores, un novo producto de turismo activo ( FAN Festival de Aventura e Natureza que se porá en marcha os días 21,22, 28 Y 29 de marzo entre as 5 empresas de turismo activo da comarca) e as festas de interese turístico foron os protagonistas da oferta que coordina o GDR Condado Paradanta. 

 

PAISAXE, CEO NOCTURNO, AVENTURA, NATUREZA E FESTAS, PRINCIPAIS ATRACTIVOS TURÍSTICOS DO XEODESTINO CONDADO PARADANTA EN  FITUR

 

Este mércores, as 17.30, tivo lugar a presentación oficial do Xeodestino Condado Paradanta en FITUR, no stand oficial de Galicia. A alcaldesa de Salvaterra de Miño e os alcaldes de As Neves e Arbo,  interviñeron en representación dos dez concellos que forman o Xeodestino Condado Paradanta.

Xosé Manuel Rodríguez, alcalde de As Neves e vicepresidente do GDR, fixo un repaso aos aspectos esenciais do Xeodestino e ao camiño percorrido nestes dous primeiros anos de posta en marcha deste ambicioso proxecto de desenvolvemento comarcal.

Logo, pasou a presentar un dos proxectos mais innovadores que están a por en marcha, falando da Rede de observatorios nocturnos e miradoiros do Xeodestino. Trátase dun novo concepto de miradoiro, que cumpre a dobre función servir tanto de día como de noite, e xa están a causar unha grande impresión.

Na actualidade xa están operativos os emprazamentos de San Nomedio (As Neves) e o Castelo do Faro (Covelo) e nos próximos meses poranse en marcha os de Salceda de Caselas e Ponteareas.

A intervención do alcalde estivo apoiada pola proxección dunha espectacular imaxe nocturna tomada no observatorio do Castelo do Faro, e ao remate das súas palabras, proxectouse un fermoso vídeo no que se mostran algúns dos atractivos da comarca e estas novas instalacións.

Seguidamente, tomou a palabra Marta Valcarcel, alcaldesa de Salvaterra de Miño. Na súa alocución referiuse á posta en marcha, no ano pasado, das Termas de Salvaterra, que según ela  son un exemplo das oportunidades lúdicas que brindan as augas do Xeodestino.

Outro bo exemplo son as posibilidades de vivir aventuras e gozar da natureza no Condado Paradanta cos seus ríos, bosques ou montañas. Como mostra deste alto potencial destaca o traballo feito nos últimos meses polo GDR e a súa secretaría técnica para por en marcha un novo produto turístico no que participa as cinco empresas de turismo activo que operan na comarca.

Falamos do FAN, Festival de aventura e natureza Condado Paradanta, que nos días 21, 22, 28 e 29 de marzo porá en marcha unha divertida e ampla oferta de actividades. Entre outras, haberá rafting, kaiak, puenting, hidrospeed, rotas de sendeirismo, orientación, etc. pensadas para toda a familia.

Ao remate da intervención presentouse o vídeo promocional deste produto e que en breve estará a circular polas redes sociais.

Por último e pechando este acto, falou o alcalde de Arbo, Horacio Gil para destacar as bondades da gastronomía e os viños do Condado e o importante papel que xogan na oferta turística da comarca. Neste sentido, puxo en valor o papel que xogan as distintas festas que teñen lugar ao longo do ano, para referirse especialmente as súas festas. Seis delas declaradas de interese turístico: O Corpus Christi (internacional), o Requeixo, O Viño do Condado, O Xamón, a Romaría da Franqueira e A Lamprea.

Proxectouse un vídeo no que se mostraron os principais atractivos turísticos do Xeodestino Condado Paradanta ao que os xestores turísticos definen como un “multidestino” no que podemos atopar unha ampla oferta capaz de agradar a diversos tipos de turistas interesados na gastronomía e os viños do Condado, as festas, o termalismo, a cultura e o patrimonio, a natureza e a aventura, o astroturismo, etc.

O GDR Condado Paradanta coordinou a presentación en Madrid desta nova oferta turística e para elo se desprazaron os alcaldes de Arbo, As Neves, A Cañiza, Covelo, Salvaterra, e os concelleiros de turismo de Ponteareas e Mondariz, así como un grupo de empresarios pertencentes aos sectores de aloxamento e restauración, adegas, empresas de actividades, etc.

O Xeodestino Condado Paradanta está formado polos concellos de A Cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas.

compartir

axenda