NovasIr a esta sección

Inversións aprobadas no Orzamento de 2020
Data de publicación: 29 de outubro de 2020

A Cañiza aproba inicialmente o orzamento de 2020 con 1.150.446,52€ no capítulo 6 de inversións, no que o Concello solo terá que aportar o 3,95% dos seus recursos: 45.502,67€.

 

O luns, 26 de outubro,  o Pleno do Concello da Cañiza celebrou a Sesión Extraordinaria para a aprobación inicial do Orzamento de 2020 de 4.737.599,51 €uros. Un orzamento que engrosa o capítulo de inversións en 1.150.446,52 €uros. Cantidade toda subvencionada por distintas administracións públicas agás 45.502,67€ de recursos do propio Concello que supón unha aportación mínima do Concello dun 3,95%.

Unha operación económica que según declarou o Alcalde, Luis Piña, se logra a pesares da dura situación económica afrontada pola gobernanza, nun momento en que A Cañiza soporta a maior merma das súas arcas municipais, cuns costes en servizos públicos en desaxuste  cos ingresos recibidos por poboación, incluso con déficits insostenibles nalgúns servizos.

A pesares destas circunstancias o Concello aproba uns orzamentos destinados a mellorar e modernizar o equipamento municipal.

A meirande parte das obras deste exercicio irán destinadas á reforma integral do alumeado público, un dos servizos máis importantes do Concello que reclamaba esta reforma hai tempo non solo pola antigüedade da instalación senón tamén pola eficacia e aforro enerxético que permitirá reducir os gastos en consumo eléctrico e garantir unha mayor seguridade cidadá.

As obras incluidas no capítulo 6  de inversións para este exercicio económico financiadas ao 100% son:

·        Reforma do alumeado público en Valeixe, cunha inversión de 463.656,39€, financiadas polo Estado (IDAE) e a Deputación de Pontevedra.

·        Reforma do alumeado público de Achas, cunha inversión de 277.845,05, financiadas polo Estado (IDAE) e a Deputación de Pontevedra.

·        Cubrición do Pavillón de Valeixe, cunha inversión da Deputación de 126.880,26€

·        Reforma dos vestiarios do Pavillón da Cañiza e do campo de Fútbol do Vieiro, cunha inversión da Deputación de 64.671,23€.

·        Acondicionamento de Sendeiros. Subvencionado pola Deputación de Pontevedra con 31.622,95€.

·        Adquisición dunha motoniveladora, cunha inversión da Deputación de 60.000€.

Inversións nas que o Concello terá que participar con recursos propios:

·        Acondicionamento do Sendeiro do Río Ribadil cunha inversión de 24.045,69€ no que o Concello terá que aportar 4.173,22€ e o resto a Xunta de Galicia.

·        Pavimentación de camiños en Deva-Petán dentro do Plan Marco cunha inversión de 73.077,95€, nos que o Concello terá que aportar 12.682,95 e a Xunta 60.395,00€

Inversión a conta soamente dos propios recursos do Concello:

·        Adquisición de contenedores de recollida de lixo cunha inversión de 8.000€. Esta inversión acada soamente o 50% das necesidades nesta materia que se verá completada no 2021 coa adquisición do 50% restante.

·        Pago de adquisición de parcela: 12.026,50€

·        Equipación informática e mobiliario para oficinas: 8620,00€

Neste exercicio económico tamén se dedicou unha importante partida aos servizos sociais, sobre todo á atención dos nosos maiores e ás persoas en situación de exclusión social.

Aplicouse tamén a subida do 2%  nos salarios, aprobada polo Goberno de España e de aplicación para todas as Administracións públicas.

Ademáis o Alcalde recorda a todos os veciños e veciñas que estos orzamentos estarán a exposición pública durante un mes ata a aprobación definitiva e posteriormente estarán permanentemente a disposición de todos os cañicenses.

compartir

axenda