O Alcalde acompaña a Marta Mariño, deseñadora do Belén neste acto
Este sábado presentouse o tradicional Belén de Nadal, deseñado e confeccionado pola nosa veciña Marta Mariño, quen, coa súa creatividade, leva ocupándose dende hai anos da montaxe no Concello da Cañiza deste precioso Belén da súa propiedade.
Este ano o Belén está instalado na antesala do Salón de Plenos da Casa do Concello, no segundo andar. A partires de hoxe e ata despois de Reis, todos os que o desexen poden visitalo en horario de oficinas.