NovasIr a esta sección

Hoxe comezaron a vacinar contra a COVID-19 aos nosos veciñ@s de 80 anos en adiante
Data de publicación: 23 de febreiro de 2021

Un total de 598 veciños e veciñas da Cañiza, maiores de 80 anos están sendo citados para acudir a vacinarse contra a Covid-19 no Centro de Saúde do Municipio. Nesta ocasión decidiuse por sorteo que as chamadas á cita empezaran polos apelidos que comecen pola letra “H”, ata completar a volta

 

Durante os martes e xoves serán vacinados unha media de 95 personas por día coa vacina Pfizer. As persoas chamadas que decidan non vacinarse terán que firmar igualmente un escrito de renuncia.

Dende o Centro de Saúde se salienta a boa acollida que está tendo esta fase de vacinación, renunciando únicamente unha persoa.

compartir

axenda