NovasIr a esta sección

Gañadores do V Concurso de cortadores de Xamón 2018
Data de publicación: 16 de agosto de 2018

o Alcalde quixo felicitar públicamente ao noso veciño Víctor Burgos, profesional xamoneiro e socio fundador da Asociación de cortadores de xamón de Galicia polo seu extraordinario e impecable traballo na dirección do V Concurso de cortadores

Un ano máis, e xa son cinco consecutivos, o Alcalde quixo felicitar públicamente ao noso veciño Víctor Burgos, profesional xamoneiro e socio fundador da Asociación de cortadores de xamón de Galicia polo seu extraordinario e impecable traballo na dirección do V Concurso de cortadores que xa se consolidou a niveis nacionais e que conseguiu atraer aos mellores profesionais de España.

Todo un luxo do que gozaron os cañicenses e por suposto os turistas que nos visitaron durante a maior ponte do verán, pero que detrás levaba meses de intenso traballo, márketing, promoción e sobre todo poder de convocatoria.

O xurado do concurso este ano contou coa presenza de grandes profesionais do sector. Francisco Luís Robles Cobo, Gustavo Alonso Alonso e Agustín Risueño Pérez foron os responsables xunto con Víctor Burgos e Carmen D. Simons, secretaria do concurso, de decidir quen serían os gañadores nesta nova edición. Tarefa complicada que forzou a que se entregasen os premios preto das 4 da tarde.

Na edición de 2018, o primeiro premio dotado con 600€, mención de honra e trofeo foi a parar a Cáceres da man de Juan Antonio Barbero Peral. 

 

O segundo premio dotado con 400€, mención de honra e trofeo a Ponferrada con Luís Miguel Rodríguez Blanco.


 

 

O Terceiro premio de 200€, mención e trofeo quedou en Lugo ao conseguir este posto Raúl Freire Rodríguez. 


 

 

O premio ao mellor prato creativo, dotado tamén con 200€ recaeu noutro cacereño, Felipe Gil Díaz

 

e o premio á cortadora revelación feminina quedou na Cañiza grazas á pericia da nosa veciña Pilar Vicente Iglesias que se fixo cun xamoneiro intelixente AFINOX.

 

Ademáis todos os concursantes recibiron un diploma acreditativo da participación no certame e un trofeo conmemorativo.

Dende o Concello de A Cañiza queremos agradecer a presenza de todos eles na nosa FEIRA.

 

 

 

compartir

axenda