NovasIr a esta sección

Rematan as obras da cuberta da Praza de San Roque en Luneda
Data de publicación: 18 de decembro de 2020

As obras que comezaron o pasado 17 de novembro en Luneda están subvencionadas ao 100% dentro da Liña 1 do Plan Concellos do Servizo de Cooperación da Deputación de Pontevedra 2018/2019.

ESTA SEMANA REMATARON EN LUNEDA AS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DO TELLADO DA ZONA RECREATIVA DA PRAZA DE SAN ROQUE, SUBVENCIONADAS AO 100% POLA DEPUTACIÓN CON 26.650,27€.

O proxecto inicial non contaba coa autorización de Patrimonio da Xunta de Galicia como así se lle comunicou ao Concello en Resolución do 07/03/2019. Para continuar co expediente foi necesario reformular un novo proxecto e solicitar de novo á Dirección Xeral de Patrimonio unha nova Autorización. Ademáis non se tiña solicitado o informe sectorial da Confederación Hidrográfica por atoparse a Praza en zona de afección da regueira do Acival.

Despois de varias reunións do Alcalde Luis Piña cos técnicos de Confederación e contestados a todos os requerimentos, tamén se conseguiu autorización desde Organismo con data do 05/10/2020. A continuación iniciouse o expediente de contratación e adxudicación e o 17 de novembro comezaron os traballos.

As obras consistiron na cubrición da zona de servizos da Praza de San Roque de Luneda, co obxecto de mellorar o seu uso nas celebracións veciñais. Construiuse unha estructura mixta formada por pilares metálicos e estrutura de cuberta en madeira de carballo autóctono, reforzada con tella curva cerámica de color vermello a dúas augas.

compartir

axenda