un elemento de seguridade que non estaba contemplado no proxecto inicial.
A construcción do parque costou 439.086,10€ aos que hai que engadir 67.522,00€ do pagamento de expropiacións dos terreos e 15.794,00€ de redacción do proxecto. Un total de 522.402,21 €
Tras o requerimento realizado dende a Alcaldía á dirección de obra debido á altura dun muro de sostén dun dos extremos do parque, por ofrecer perigo de caída aos usuarios, tras o replanteo final da construcción, se modifica o proxecto para correxir este risco. Foi necesaria a instalación de 61 m.l. de varanda en todo o perímetro para evitar caídas e asegurar o parque. Estas obras remataron a semana pasada.
A urbanización deste céntrico Parque foi subvencionado en 415.362,70€ pola Deputación Provincial de Pontevedra. A colaboración iniciase o 28 de decembro de 2017 coa sinatura entre as dúas entidades dun Convenio polo que a Deputación se compromete a subvencionar a execución do proxecto “Urbanización do Parque Central do Concello da Cañiza”. Esta colaboración formalízase coa sinatura, o 22 de xaneiro de 2018, dun 2º Convenio do Plan Reequilibrio por un importe de 306.573,72 €.
Nese mesmo ano a Deputación concede ao Concello outras subvencións, neste caso a través do Plan Concellos 2018/2019 de 76.643,43 €uros para a urbanización do parque, outra de 19.999,99 € para a dotación e instalación de luminarias e una terceira de 12.145,56 € para a colocación da varanda e a adquisición das canchas de fútbol sala e canchas de baloncesto, que non estaban incluidas no proxecto orixinal.
DESGLOSE DOS COSTES e FINANCIACIÓN DO PARQUE CENTRAL:
TOTAL COSTE: 522.402,21 €