NovasIr a esta sección

Finaliza a Operación Centinela de Defensa dos Montes Galegos 2020
Data de publicación: 01 de outubro de 2020

O Alcalde Luis Piña visita oficialmente o centro cultural do Pateiro-Oroso para despedirse dos militares da Operación Centinela de defensa dos montes galegos 2020 no seu último día operativo na Cañiza.

 

  • A Operación Centinela que comezou o pasado 15 de agosto para loitar e previr os incendios forestais, conseguiu os seus obxectivos na contorna xa que durante o despregamento non houbo que lamentar ningún incendio.
  • Na despedida de hoxe o Alcalde  quixo transmitir a todo o Operativo militar, ao mando do Capitán Feijóo, o apoio e cariño co que foron acollidos polos cañicenses pola importante labor desenvolvida durante este mes e medio.
  • O Alcalde volveu a reiterarlles  a vontade do Consistorio de colaborar e traballar conxuntamente sempre que a situación o requira.

Esta estratexia permaneceu activa ata hoxe co despregamento inicial de 27 patrullas nas zonas da comunidade con maior actividade incendiaria, unha delas na comarca do Condado - Paradanta, con sede na Cañiza.

Ademais dos labores de vixiancia continua, que nesta ocasión tamén contaron con drons, os efectivos militares despregados realizaron unha importante acción de disuasión e visibilidade.

Novamente o Alcalde, Luis Piña, agradeceu a “esencial labor que o Exército leva desenvolvendo nestes anos na loita contra os incendios e que neste 2020 foi esencial pola situación extrema de sequía vivida dende xuño”.

O pasado ano o Alcalde adoptou a decisión de buscar un mellor emprazamento para as patrullas con sede na Cañiza que ata o 2018 se aloxaban nos comedores e anexos do Centro de Ensinanza de Carballo do Marco. O ano pasado adaptouse o Centro Cultural O Pateiro de Oroso para que estes efectivos poideran disfrutar de maior comodidade. A estes efectos dotouse á instalación de auga potable coa construcción dun pozo, de quentador de auga e de duchas. Ademáis contan cun espazo único para a instalación das habitacións e outro para o posto de mando.

compartir

axenda