NovasIr a esta sección

Éxito da presentación dos produtos cañicenses en Xantar: xamón, viños, queixo e mel
Data de publicación: 10 de febreiro de 2020
Centos de visitantes se achegaron ata o stand da Cañiza durante este fin de semana no Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar que se celebrou en Ourense do 5 ao 9 de febreiro.
  • Neste espazo gastronómico danse cita dende hai 21 anos as mellores ofertas gastronómicas do País, a través de productos con D.O., marcas, feiras, festas e Concellos.
  • Un gran escaparate turístico que serve para divulgar e dar a coñecer o mellor dos nosos productos.

 

Organizado polo Concello da Cañiza, o Alcalde Luis Piña encabezou a comitiva con concelleiros, o cortador de xamón e presentador Víctor Burgos, un enólogo comentarista, adegueiros e un apicultor da localidade.

 

O sábado pola mañá preparouse unha degustación de xamón e unha cata dos viños das nosas adegas: Eido da Fonte, Adega Foxo Pintelos e Adega Augusto Cavadas do  Val,  pertencentes á Denominación de Orixe Rías Baixas xunto cos caldos da Adega Torgo con dous viños ecolóxicos de  variedade albariña. Xamón e viño acompañados cos queixos da casa “Castro Xaneiro” elaborados na Cañiza e o mel dos nosos apicultores, "Rogelio" e "das miñas colmeas".

 

Unha exquisita combinación de productos que fixo posible que o stand da Cañiza fora un dos máis visitados do Certame. Ata alí achegáronse centos de visitantes para saborear e paladear a nosa oferta gastronómica.

 

 

compartir

axenda