NovasIr a esta sección

Este luns comezaron as obras de mellora e asfaltado da pista de Deva en Petán
Data de publicación: 23 de febreiro de 2021

Cun coste de  73.077,95€, as obras están sunvencionadas con  60.395,00€ a través do Plan de Camiños Municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020/2021 xestionado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia. 

 

LUIS PIÑA VISITOU ESTA MAÑÁ ESTAS OBRAS QUE RESPONDEN A UN DOS PRIMEIROS COMPROMISOS ADQUIRIDOS COMO ALCALDE COS VECIÑOS DE DEVA, NA PARROQUIA DE PETÁN.

 

A empresa COVSA construcción e Viais S.A., adxudicataria da obra, comezou os traballos este luns 22 de febreiro. As obras consistirán na mellora e asfaltado dunha superficie total de 6.150 m2 coa limpeza e barrido do firme, botadura de rego de adherencia con mezcla bituminosa e extendido e compactado de firme de mezcla bituminosa en quente.

Para mellorar e ampliar o treito de vial asfaltado puidose adaptar unha liña de axudas da Axencia Agader dentro do Plan Marco de Mellora de Camiños Rurais da Xunta de Galicia que subvencionou a obra con 60.395,00€ para as dúas anualidades de 2020 e 2021.  O Coste de Execución da obra ascende a 73.077,95 € polo que o Concello ten que asumir o pago con fondos propios do IVA, un total de 12.682,95 €. Este é o primeiro Plan Marco do Alcalde Luis Piña.

Segundo manifesta o Alcalde todavía quedan uns 200 m para acondicionar, pero se buscará unha solución a corto prazo para que quede rematado todo o vial.

Estas obras veñen a completar os traballos rematados no verán do pasado ano 2020 nas pistas de acceso a Deva e Abelenda, tamén na parroquia de Petán e que nos seus inicios foron obxecto de malestar entre os veciños, que estaban en desacordo cos prantexamentos iniciais da obra. Unha das primeiras reunións que mantivo o Alcalde, nada máis tomar posesión do seu cargo, foi cos veciños destas zonas. Nesa ocasión o Alcalde comprometeuse a adecuar as obras ás necesidades dos veciños e se desenvolveron dous modificados ao proxecto inicial decidido polo anterior goberno municipal,  incluido no Plan Concellos da Deputación 2019.

Estas axudas están cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco da medida 4.3. do PDR de Galicia 2014-2020 e os seus obxectivos inciden en mellorar os resultados económicos de todas as explotacióna agrícolas e facilitar a súa reestructuración e modernización.

 

compartir

axenda