NovasIr a esta sección

Estamos traballando para reforzar o subministro do alumeado público nas rúas Otero Pedraio, Rosalía de Castro e Castelao
Data de publicación: 26 de marzo de 2020

A obra consiste na renovación integral da acometida eléctrica con liña soterrada nos tramos máis deteriorados da zona

UN TOTAL DE 250 METROS DE LIÑA COMPLETAMENTE DETERIORADA POLO PASO DO TEMPO E OUTRAS INCIDENCIAS QUE FACÍAN NECESARIA EXECUTAR ESTA OBRA PARA OFRECER UN SERVIZO DE CALIDADE.

Ante as numerosas incidencias no servizo de alumeado público que dende hai tempo se viñan rexistrando nas céntricas rúas Castelao, Otero Pedraio e Rosalía de Castro, o Concello aproba a execución das obras para reforzar este subministro reformando integralmente a acometida con canalización soterrada en 250 metros, en varios tramos destas tres rúas.

Segundo comenta o Alcalde, Luis Piña, a complexidade desta obra centrábase en saber dónde actuar, desenvolver as comprobacións pertinentes e elaborar un diagnóstico que permita saber en qué zona se debe executar a obra, xa que leva consigo o levantamento de beirarrúas, farolas e reposicións, entre outros traballos.

A acometida eléctrica desta zona, con máis de 3 décadas de antigüedade, non garantizaba un servizo en óptimas condicións para a veciñanza. A isto hay que engadir a existencia dalgunhas liñas en cortocircuito debido a empates feitos no seu día para dar unha resposta rápida á falta de subministro, polo que en moitas ocasións solo funcionaba un fase, alternando o acendido das farolas.

As obras que se están executando consisten na retirada da liña antiga e sustitución por outra canalización e tendido soterrado nun tramo de 250 metros repartidos entre as rúas Otero Pedraio, Rosalía de Castro e Castelao. Os traballos tamén contemplan o levantamento de beirarrúas, farolas e reposición das mesmas.

Co remate desta obra o Concello estará en disposición de ofrecer un servizo de mellor calidade, atendendo ás demandas dos veciños e dos establecementos, comercios e organismos concentrados nesta zona do núcleo urbano.

 

compartir

axenda