NovasIr a esta sección

Entregamos neste ano cerca de 16.500 kilos de alimentos ás familias incluidas nos programas de acción social
Data de publicación: 23 de decembro de 2020

NESTES DÍAS PREVIOS Á NOITEBOA,  O CONCELLO ENTREGOU 2500 KILOS DE ALIMENTOS E PRODUTOS DE HIXIENE E NESTA OCASIÓN ESPECIAL, DOCES DE NADAL, ÁS 35 FAMILIAS DO PROGRAMA.

Según informou o Alcalde Luis Piña, o Concello adquiriu con fondos propios 8000 kilos de alimentos, aos que  hai que sumar outros 8000  kilos procedentes do Convenio de Adhesión ao Programa Operativo FEAD 2020.  A Adhesión a este convenio converte ao Concello en participante como organización asociada de reparto no programa de axuda alimentaria do fondo de axuda europea para as persoas máis desfavorecidas. Está promovido polo Ministerio de Interior,  Consellería de Política Social e Cruz Roja.

A estes 16.000 kilos hai que engadir as doazóns  anónimas de veciños, depositadas nos  supermercados da Cañiza, que aportaron durante este ano 400 kilos de produtos de alimentación e hixiene e neste mes de decembro 80 kilos de produtos navideños.

Un total de 16.480 kilos para as 35 familias que actualmente están incluidas nos programas de acción social e que reciben unha media  de 470 kilos de comida anual por familia.

O Alcalde desexa agradecer a vontade de toda a xente que colabora nestes programas coas súas achegas solidarias.

Tamén destacar a aportación da Deputación de Pontevedra que este ano, de xeito extraordinario, achegou 30.000€uros para paliar os efectos da COVID-19, dos cales unha parte destinouse a adquisición de produtos de primeira necesidade.

 

compartir

axenda