NovasIr a esta sección

O sendeiro de Petán, cun percorrido de case 9 km será outra das rutas que o Concello porá en marcha co Plan de Axudas da Deputación
Data de publicación: 28 de xullo de 2020

O proxecto ten por finalidade aproveitar ao máximo os nosos recursos naturais. Orientalos hacia o turismo rural, de forma desestacionalizada, para á súa vez impulsar a nosa economía.

Xunto co sendeiro do Aceval de Luneda e o sendeiro de Fontefría, o sendeiro de Petán será obxecto dunha importante actuación para poñer en valor o noso potencial paisaxístico. Invertirase máis de 30.000 €uros no acondicionamento, sinalización, homologación e promoción destas  3 rutas de sendeirismo. Un plan financiado ao 100% polo Plan Concellos da Deputación, a través das axudas para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos.

Segundo manifesta o Alcalde “A Cañiza conta con grandes potencialidades paisaxísticas e gastronómicas: dous tipos de turismo que casan perfectamente e son capaces de atraer grandes fluxos de visitantes. Dende a Alcaldía apostamos por esta combinación e para iso estamos traballando na posta en marcha desta rede de sendeiros”.

A Ruta de Petán, cun percorrido circular de 9.25 Km, sae do entorno das Grades. Unha contorna na que se sitúa tanto o camping municipal como a piscina o aire libre do concello. O sendeiro percorre camiños e pistas forestais, atravesando varias aldeas  pola beira do río Deva e algúns regatos.  Resulta especialmente interesante por iniciarse a beira do camping municipal “Carballo do Marco” e tamén por pasar pola piscina municipal, o que facilita a súa promoción e fai que sexa un percorrido máis transitado.

Ademáis da execución dos traballos de acondicionamento, o proxecto contempla a mellora da súa accesibilidade e sinalización como ben integrante do patrimonio cultural de Galicia, regulado na Lei 5/2016.  Se instalarán paneis interpretativos e se retirará a sinalización obsoleta e deteriorada. Todas estas actuacións permitirán presentar o sendeiro ante  a Federación Galega de Montañismo para solicitar a súa homologación.

Por último e para promocionar esta e as outras rutas do Municipio, se editarán as correspondentes guías de sendeirismo e se creará un perfil en Wikiloc do Concello da Cañiza que recollerá toda esta oferta paisaxística.

 

compartir

axenda