NovasIr a esta sección

O Secretario Xeral de Deporte da Xunta visita A Cañiza para supervisar as obras de construcion das pistas de Pádel
Data de publicación: 05 de marzo de 2019
A Secretaría Xeral para o Deporte realizará a cuberta das dúas pistas de pádel que se atopan no solar do complexo deportivo municipal da Cañiza.

 

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, desprazouse ata o concello da Cañiza onde, acompañado polo alcalde, visitou o complexo deportivo municipal formado pola casa de cultura, piscina climatizada e ximnasio para supervisar as obras das pistas de padel que en breve entrarán a formar parte da oferta deportiva do Concello. A Secretaría Xeral para o Deporte realizará a cuberta das dúas pistas que contarán cunha subvención de 40.000 €uros.

Segundo manifestou o Secretario Xeral “a oferta de instalacións deportivas do Goberno autonómico sempre será coherente coas demandas da poboación coa fin de que cada vez máis persoas practiquen actividade física”.

O Concello de A Cañiza, no seu compromiso cos veciñ@s e deportistas da Vila continúa traballando par ampliar a oferta deportiva municipal. Neste caso aposta polo pádel por ser unha das demandas máis reiteradas polos cañicenses nestes últimos anos.

compartir

axenda