O pasado 2 de decembro remataron as obras de colocación da varanda de seguridade. un total de 61 m.l. instalados no extremo oriental do Parque para evitar riscos de caída aos usuarios dende un muro de elevada altitude.
Ainda que o parque central ten que permanecer pechado un pouco máis, o Concello segue traballando para que a súa apertura conte con todas as medidas de seguridade posibles e coas mellores condicións de lecer e esparcemento.
Despois de que o Alcalde, Luis piña, requerira á empresa adxudicataria da obra a instalación de medidas de seguridade nun muro de sostén dun dos extremos do parque por ofrecer perigo de caída aos usuarios, a empresa colocou 61 m.l. de varanda perimetral na zona oriental do parque financiado ao 100% cunha nova subvención do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedera.
Nesta mesma subvención dotada con 12.145,56 € está incluida a colocación de porterías de fútbol e canchas de baloncesto na zona deportiva, xa que estes elementos básicos de xogo non estaban incluidos na obra inicial. Esta semana quedaron rematados todos os traballos.