NovasIr a esta sección

O Equipo de Descontaminación NBQ da BRILAT desprégase de novo na Cañiza
Data de publicación: 08 de abril de 2020

Esta vez para desinfectar as instalacións da Residencia de maiores Nosa Señora do Rosario de Valeixe. O pasado luns, estes equipos estiveron actuando na Residencia Xeriátrica Santa Teresa da Cañiza, unha instalación con máis de 4000m2 na que conviven 132 usuarios e 74 traballadoras.

O ALCALDE DA CAÑIZA, LUIS PIÑA, SOLICITOU OFICIALMENTE Á SUBDELEGADA DO GOBERNO DE ESPAÑA EN PONTEVEDRA,  MAICA LARRIBA, A INTERVENCIÓN NOS DOUS CENTROS DE MAIORES DA CAÑIZA.

 

Aínda que ata o de agora non hai ningún contaxiado en ningunha das dúas residencias, os responsables dos Centros de maiores, solicitaron ao Concello que dende a Alcaldía se fixeran os trámites oficiales correspondentes para  a intervención dos equipos de descontaminación NBQ (NUCLEAR, BACTERIOLÓXICO, QUÍMICO) do Exército de Terra.

A BRILAT Galicia VII con base en Pontevedra, despregouse hoxe na Residencia de maiores de Valeixe  co apoio de militares da Base Cid Campeador de Burgos.

O Centro de Valeixe suma outros 32 usuarios e 22 traballadoras, por iso, dado o volume destas instalacións, era necesaria desenvolver una actuación preventiva de esterilización e hixiene.

Os equipos de descontaminación son expertos na loita contra axentes biolóxicos e químicos. Emprégase a mesma técnica que nunha guerra química ou biolóxica, xa que o coronavirus non deixa de ser un elemento biolóxico de ALTA RESISTENCIA.

A misión destes profesionais consiste en pulverizar con sustancias desinfectantes todas as superficies, contribuindo decididamente a disminuir a carga viral, factor importantísimo en caso de contaxio.

Durante a aplicación hai que ter moito cuidado, por iso establécese un protocolo de aillamento dos usuarios e traballadores ata que quedan rematados os traballos. Unha vez finalizada a limpeza e desinfección, os productos no son tóxicos polo que queda garantizada a saúde das máis de 250 persoas que forman parte deste colectivo de alto risco.

compartir

axenda