NovasIr a esta sección

O Concello sorteou neste Nadal 6000 ¤uros en Vales de Compra para afianzar o noso Comercio
Data de publicación: 17 de xaneiro de 2019

A través da campaña "este Nadal mercar na Cañiza ten Premio".

Un programa que ten como obxectivo dinamizar e incentivar o pequeno e mediano comercio da Vila e afianzar a súa clientela. Consistíu en sortear entre os clientes dos establecementos do municipio, que fixeron compras por un importe superior a 10 €, 6000 €uros en vales de compra para empregar novamente nestes establecementos adheridos á campaña.

 

Baixo o lema "Este Nadal Mercar na Cañiza ten Premio", o Concello cumplíu coa súa promesa de axudar ao pequeno comercio local afectado polas grandes superficies que ofrecen prezos sin posibilidade de competir.

 

Esta iniciativa de apoio aos nosos comerciantes leva desenvolvéndose dende o ano 2012 pero extendida a todo o ano. No ano 2018 e por consenso cos comerciantes da localidade, decidiuse concentrar os premios únicamente no mes de decembro, nas datas do Nadal: un total de 6000 euros que se repartiron en tres sorteos celebrados os días 21 e 28 de decembro e 4 de xaneiro con 3 premios de 500 €uros e 45 premios de 100€.

 

Estes foron algúns dos agraciados. 

 

 

 

 

 

 

compartir

axenda