NovasIr a esta sección

O Concello senta as bases do desenvolvemento urbanístico do centro da Vila
Data de publicación: 18 de xaneiro de 2019

Conseguindo desbloquear o procedemento da Área de Reparto 3 da zona do Regueiro

Máis de 11 anos  tiveron que pasar para que dende o Concello se conseguira desbloquear o procedemento de desenvolvemento urbanístico que afectaba á zona coñecida como AR3 do Regueiro, sita no corazón do núcleo urbano de A Cañiza.

Ata o pasado 8 de xuño de 2018, esta zona estaba bloqueada por un sistema de desenvolvemento privado por compensación sin que se poidera chegar a un acordo entre os propietarios e Administración a pesar de todos os esforzos destinados a acadar este obxectivo. Despois de moitas reunións e intentos de negociación cos propietarios dos terreos, esta área de reparto pasa a desenvolverse por medio dun sistema mixto de cooperación que posibilitará a execución do planeamento urbanístico polo cal o Concello colabora mediante a execución da obra de urbanización.

O Cambio deste sistema aprobouse definitivamente na Sesión Ordinaria da Xunta de Goberno celebrada o 8 de xuño de 2018. O Pleno do Concello de A Cañiza tamén foi informado deste cambio de sistema que sentará as bases do desenvolvemento urbanístico do núcleo urbano de A Cañiza para os próximos 20 anos, pero que de maneira inmediata vai a poñer a disposición de todos os veciños e visitantes unha superficie de máis de 13.000 m2, onde se crearán zonas verdes e espazos de lecer e, principalmente, unha ampla zona de aparcamento que solucionará a falta de espazo para o estacionamento no centro da Vila, favorecendo desta maneira o comercio local, sin un custo real para o Concello.

O Alcalde Miguel Domínguez xa iniciou os trámites coa Xunta de Galicia para a urbanización deste novo vial  que conectará a rúa Vilanova coa rúa Progreso e que conta cunha superficie sumando tamén as zonas libres de 4732 m2. A calzada, con 20 metros de ancho, contará con aceras de 2 metros por ambas marxes e disporá dunha capacidade de estacionamento para  máis de 80 vehículos.

 

 

 

 

compartir

axenda