NovasIr a esta sección

O Concello adhírese á Central de Contratación da FEGAMP
Data de publicación: 01 de decembro de 2020

o Pleno da Corporación celebrado o pasado 27 de novembro aprobou por UNANIMIDADE a ADHESIÓN do Concello a esta Central da Federación Española de Municipios e Provincias que permitirá, entre outras operacións, a contratación coas subministradoras eléctricas, conseguindo unha reducción de costes que a datos do ano 2019 podería superar os 100.000,00€ de aforro nun solo ano.

 

  • A Central de Contratación créase no ano 2014 como un servizo especializado creado por acordo da Fegamp coa finalidade de contratar bens e servizos de carácter xeral.

 

  • Ten como obxectivo buscar as condicións económicas máis favorables para os Concellos na contratación de servizos básicos e puntuais, logrando una importante reducción do gasto público.

 

  • Ademáis permite a simplificación administrativa da tramitación e/ou adxudicación das prestacións básicas do Concello, facilitando os procesos de contratación.

Como manifestou Luis Piña na súa  Providencia de Alcaldía do pasado 16 de novembro, un dos principias obxectivos desta Alcaldía e que pretende levar a cabo paulatinamente, é a de realizar todo tipo contratos dacordo co establecido na Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, co fin de lograr unha maior transparencia na contratación pública e sobre todo, acadar unha mellor relación calidade – prezo.

Con tal motivo, este Concello, ao estar asociado á Federación Española de Municipios e Provincias, pode adherirse á Central de Contratación deste Organismo.

A Central de Contratación da FEMP configúrase como instrumento que permite a tramitación e/ou adxudicación das prestacións doutros poderes adxudicadores, neste caso as Entidades Locais asociadas, dando aplicación aos principios de simplificación administrativa, facilitando os procesos de contratación e posibilitando o logro de condicións económicas máis favorables na contratación dos mesmos, coa consecuente redución do gasto público.

Na sesión plenaria celebrada o pasado 27 de novembro, a Corporación votou por UNANIMIDADE a adhesión a esta Central de Contratación.

Soamente na contratación das subministradoras eléctricas, o Concello está en disposición de aforrar unha media de 100.000€ anuais (a datos do ano 2019) co que a adhesión a esta Central está plenamente xustificada.

compartir

axenda