NovasIr a esta sección

O Concello organiza a Andaina 'contra a violencia cara ás mulleres'
Data de publicación: 02 de decembro de 2020

Do sábado 5 de decembro ao domingo 20 de decembro polos camiños da parroquia de  Achas. Inscríbete na oficina da Biblioteca Municipal.

Entra nesta ligazón para ampliar información e coñecer o roteiro.

 
 
Dentro do calendario de actos conmemorativo do Día Internacional contra a Violencia de xénero, o Concello organiza esta andaina como mostra  de rexeitamento a calquera forma de violencia, en especial á dirixida cara as mulleres.
 
Tendo en conta a situación actual de alerta sanitaria provocada pola pandemia COVID-19, o Concello  vese obrigado a adaptar a  actividade ás normas sanitarias, por iso este ano plantexamos o desenvolvemento da andaina dun xeito diferente. 
 
Os participantes deberán inscribirse na biblioteca municipal en horario lectivo, onde  poderán recoller unha camiseta e unha máscara que deberán levar posta durante todo o percorrido. Co fin de garantir o cumprimento das normas sanitarias débese manter a distancia de seguridade no caso de ir acompañados.
 
Na biblioteca informarán do percorrido que se pode visualizar na aplicación STRAVA, buscando o nome de “andaina Achas”. Trátase dunha andaina circular, polos lugares da parroquia de Achas. 
 
Para que se poida cumprir co obxectivo da actividade, os participantes deben enviar unha fotografía coa camiseta, na parte do percorrido que máis lles guste.
 
Unha vez rematada a actividade elaborarase UN VIDEO con tod@s @s participantes que se poderá visualizar  na páxina do concello NO RECUNCHO PARA A IGUALDADE.
 
As fotografías deben enviarse ao enderezo:  andaina25novembro@gmail.com
 
 
compartir

axenda