NovasIr a esta sección

O Concello iniciará neste ano as obras de reforma integral do alumeado público de Achas
Data de publicación: 10 de xullo de 2020
Segundo informa o Alcalde, Luis Piña, unha inversión de 277.845,05€ financiada ao 100% entre o Ministerio de Transición Ecolóxica do Goberno de España que aporta o 80% do total, 222.276,04€ e a Deputación de Pontevedra, que a través do Plan Concellos aporta o 20% restante, un total de 55.569,01€,
  • Máis de 200 actuacións en puntos existentes e novos que dotarán a esta parroquia dunha renovada e moderna instalación eléctrica, co cambio de todas as luminarias a LED de última xeración, aportando aos barrios máis luminosidade e menos contaminación lumínica.

 

  • Ademáis o proxecto tamén contempla o cambio do tipo de facturación, xa que se eliminarán todos os puntos que ata agora se facturaban en alzado, cun alto consumo enerxético, colocando novos contadores. Actuación que se traducirá nun importante aforro nos consumos enerxéticos: cunha previsión de superar máis do 50% de aforro na factura mensual.

 

Con estas dúas subvencións o Concello está en disposición de poder cambiar todas as luminarias da parroquia de Achas. O estudo eléctrico encargado polo Alcalde para coñecer de primeira man o estado das instalacións eléctricas na parroquia, reflexou o deterioro de prácticamente todas as luminarias que quedaron desfasadas.

A través da subvención concedida polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) do Ministerio e do Plan Concellos da Deputación, a nova instalación disporá de luminarias LED de última xeración e elevada eficiencia que proxecta unha luz máis clara, menos contaminante e de menor coste enerxético.

Ademáis da substitución das luminarias, o proxecto contempla o cambio dos soportes que estén en mal estado, os cadros de mando que se adaptarán á regulamentación vixente e se legalizarán os contadores.

Todo isto ademáis de modernizar o alumeado público, repercutirá na factura eléctrica mensual que cos novos equipos verá reducidos os costes ata o 50% como mínimo.

compartir

axenda