NovasIr a esta sección

O Concello inicia as obras de humanización da Praza da Igrexa de Valeixe
Data de publicación: 19 de outubro de 2018

Debido ao derrumbe producido polos temporais do pasado inverno.

 

Esta semana comezaron as obras de reconstrucción do muro perimetral e de sostén da Praza da Igrexa de Valeixe, situada no núcleo rural da Miñoteira, unha vez recabados os permisos necesarios para a execución das obras e tras presentarse ao proceso de contratación 6 empresas. Unha obra que se fixo necesaria polo derrumbe parcial que sufríu este muro como consecuencia dos temporáis que azotaron a nosa zona no pasado inverno.

Aproveitando a necesidade de repoñer o muro, o Concello decidiu ampliar a obra, executando tamén unha actuación de humanización de todo o pavimento da Praza.

As obras consisten na reconstrucción do muro de mampostería tradicional de pedras graníticas que se derrumbaron recentemente, utilizando os mampostos existentes. Incorporación dun drenaxe adecuado para dotalo dun maior grado de seguridade, co fin de frear un novo derrumbamento incontrolado e reposición da varanda de coroación do muro na parte afectada, substituindoa por unha de igual material e acabado.

Ademáis o proxecto contempla unha nova pavimentación de toda a Plaza da Igrexa para embelecer a zona e dotala dun maior confort para os veciños, convertendo este núcleo nunha zona de esparcemento máis atractiva.

Estas obras emplazadas entre as estradas provinciais EP 5003 A Cañiza – Arbo e a EP 5004 Valeixe –Vilar, de titularidade da Deputación de Pontevedra, tiveron que correr por conta do Concello ao rexeitar esta Institución o seu arranxo

compartir

axenda