NovasIr a esta sección

O Concello asina un Convenio coa empresa B-Oil para a recollida do aceite de cociña usado
Data de publicación: 16 de maio de 2019

Xa están colocados os 10 primeiros contenedores

A partires de agora, todos os veciñ@s que o desexen poderán contribuir á reciclaxe deste residuo que, cun só litro pode contaminar ata mil litros de auga.

É de sobra sabido que o aceite é un gran contaminante. Moito se ten falado do problema que supón o aceite industrial pero non tanto das consecuencias que ten tirar o aceite que usamos na casa.Cando tiramos o aceite polas tuberías estamos causando tapóns que as obstrúen e que traen malos olores e problemas de mantemento ademáis da proliferación de cucarachas e outros insectos.

Pero o problema máis grande é o da contaminación ambiental xa que estos aceites afectan ao ecosistema co consiguinte dano para fauna e flora. Dise que un só litro dese aceite que usamos na casa para preparar a comida pode contaminar ata mil litros de auga de ríos, lagos e mares. Como consecuencia, o aceite pode filtrarse tamén na terra e provocar a perda de fertilidade dos solos.

Por todo isto, o Concello da Cañiza, comprometido co Medio Ambiente, pon a disposición dos veciños estos contenedores para que, entre todos, contribuíamos a mellorar e preservar o noso medio natural deste contaminante.

A empresa B Oil comprométese ao mantemento, recollida e limpeza dos contenedores para que estén sempre en óptimas condicións. Esta empresa é tamén a encargada de recoller o aceite usado en locais de hostelería e restaurantes.

¿Cómo reciclo o meu aceite?

B Oil indica xa nos propios contenedores a mellor forma de reciclar o noso aceite: teremos que poñer o aceite usado en botellas de plástico e depositalas no contenedor.

Desta forma reciclamos o aceite e damos un segundo uso ás botellas de plástico contribuindo a minimizar o gasto de plástico.

compartir

axenda