NovasIr a esta sección

O Concello acenderá nestes días o alumeado de Nadal
Data de publicación: 03 de decembro de 2020

En palabras do Alcalde Luis Piña "a empresa encargada de iluminar o noso Nadal durante os vindeiros 3 anos, está considerada como a mellor do mundo".

O Concello acenderá nestes días a súa iluminación navideña adxudicada para os vindeiros 3 anos a unha das máis prestixiosas empresas do ramo: Iluminaciones Ximenez.

Como xa manifestou o Alcalde en comunidados anteriores, este ano tan difícil pola crise sanitaria e tamén económica, dende a gobernanza se fixeron todos os esforzos posibles para conter o gasto público en aras da prudencia e analizando polo miudo as necesidades reais e básicas que afectan á nosa veciñanza.  Pero según declara o Alcalde, “non se deixará ao Pobo sin luces de Nadal porque este ano son máis necesarias que nunca”.  Non solo para dinamizar a economía do pobo e atraer xente, senon tamén para loitar contra o desánimo que a Pandemia trouxo consigo dende a súa declaración o pasado 14 de marzo.

Debido a que os protocolos antiCovid prohíben as aglomeracións, este ano non poderemos xuntarnos para inaugurar o alumeado, pero durante estos días todo o pobo e os visitantes poderán disfrutar dun ambiente navideño acolledor e elegante.

A Contratación da empresa encargada do alumeado de Nadal fíxose por primeira vez por procedemento aberto e publicouse na Plataforma Estatal de Contratación do Sector Público o 28-10-2020, poidendo presentar as súas ofertas calquera empresa interesada.

 

compartir

axenda