NovasIr a esta sección

O Concello contrata a 2 socorristas e 2 peóns forestais
Data de publicación: 26 de xuño de 2020

OS ASPIRANTES FORON SELECCIONADOS PREVIAMENTE POLO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA, NA OFICINA DA DEMARCACIÓN CON SEDE NA CAÑIZA.

O ALCALDE DA CAÑIZA, LUIS PIÑA, INFORMA SOBRE O PROCESO DE CONTRATACIÓN DE 4 PERSOAS DESEMPREGADAS PARA A COBERTURA DE 2 PRAZAS DE SOCORRISTAS E OUTRAS 2 DE PEONS FORESTAIS.

* PARA PODER SER SELECCIONADOS OS DESEMPREGADOS TIÑAN QUE CUMPRIR COAS CONDICIÓNS ESIXIDAS NAS CONVOCATORIAS TR351A E TR351G DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA XUNTA DE GALICIA.

* ONTE REUNIUSE O TRIBUNAL CUALIFICADOR COMPOSTO POR CINCO FUNCIONARIOS DOS CONCELLOS DE CRECENTE, COVELO, AS NEVES, MONDARIZ E A CAÑIZA, PARA VALORAR A DOCUMENTACIÓN APORTADA POR TODOS OS CANDIDATOS.

* OS DOUS PEONS FORESTAIS SELECCIONADOS TRABALLARÁN A PARTIRES DO MES DE XULLO, DURANTE 9 MESES A XORNADA COMPLETA EN TAREFAS DE LIMPEZA FORESTAL, LIMPEZA DE CUNETAS E PRESTANDO APOIO AO SERVIZO DE XARDIÑERÍA. OS SOCORRISTAS TRABALLARÁN TAMÉN A XORNADA COMPLETA NOS MESES DE XULLO E AGOSTO NA INSTALACIÓN DA PISCINA RECREATIVA AO AIRE LIBRE DE AS GRADES.

No proceso de selección resolto onte, 25 de xuño e igual que se fixo no anterior procedemento de contratación de persoal pola Liña 3 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra,  se eliminou a entrevista, converténdose nun concurso unicamente de méritos no que se valorou a experiencia profesional (ata 3 puntos), a formación (ata 2 puntos) e as circunstancias persoais e familiares de cada aspirante (cargas familiares, ingresos, discapacidade, maior de 45 anos e violencia de xenero) que podían chegar ata 5 puntos.  Ademáis este ano incorporouse unha pequena proba de galego para as persoas que non poden acreditar estar en posesión do certificado oficial de galego (GELGA), requisito indispensable para poder participar nestes procedementos de contratación de políticas activas.

A selección de persoal respetou con todas as garantías os principios de igualdade, mérito e capacidade, garantizando tamén os principios de transparencia, imparcialidade, profesionalidade e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección e, segundo a Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, a igualdade efectiva de mulleres e homes.

compartir

axenda