NovasIr a esta sección

O Concello constitúe por primeira vez a Xunta Local de Seguridade
Data de publicación: 14 de febreiro de 2020

• A subdelegada do Goberno de España en Pontevedra presidiu a reunión constituínte da Xunta Local de Seguridade xunto ao alcalde da Cañiza, Luís Piña.

Os seus datos en infraccións penais son sete puntos máis baixos que na media provincial e dez puntos inferiores á media nacional.

Foto no salón de plenos do Concello da Cañiza.

 

• Maica Larriba destaca á localidade de A Cañiza como unha das máis seguras da provincia. Os seus datos en infraccións penais son sete puntos máis baixos que na media provincial e dez puntos inferiores á media nacional.

A Cañiza, 14-02-2020.- A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba presidiu a Xunta Local de Seguridade da Cañiza xunto ao seu alcalde Luís Piña. Na reunión tamén estiveron presentes responsables dos corpos e forzas de seguridade e o Comandante Xefe provincial da Garda Civil, Simón Venzal. Con esta primeira convocatoria quedou constituído este órgano consultivo que coordinará a partir de agora todas as medidas de seguridade para a localidade, ademais do seguimento de calquera situación extraordinaria que requira operativos de prevención.

Maica Larriba sinalou os datos tan positivos obtidos no último ano “nos que se demostra a boa calidade en seguridade cidadá nesta zona, con datos como a cociente en infraccións que queda a dez puntos por baixo da media nacional e a sete menos que a nivel provincial. Podemos dicir, que en A Cañiza prodúcese unha infracción penal cada tres días e que o
esclarecemento dos delitos alcanza o 40% de resolucións”.

Na valoración global dos datos que foron avaliados na Xunta de Seguridade mantéñense cifras similares desde 2017 pero, en cambio, aumentou nun 16 por cento o número de esclarecementos de infraccións. A este respecto hai que sinalar que os últimos datos arroxan 20 infraccións por cada mil habitantes e que a maioría, corresponden a delitos relacionados contra o
patrimonio privado.

Larriba manifestou “a súa satisfacción polo bo traballo realizado polos responsables tanto a nivel do Estado como local que demostran, unha vez máis, o bo servizo á cidadanía que acometen diariamente. Ademais, coa constitución da xunta local mellorarase a coordinación dos efectivos de seguridade en A Cañiza”. Tamén, o seu alcalde, Luís Piña quixo agradecer á subdelegada a súa asistencia e colaboración para constituír por primeira vez a Xunta Local de Seguridade e recordou que servirá a partir de agora, como referente para a boa xestión no ámbito da seguridade local.

compartir

axenda