NovasIr a esta sección

O Concello Constitúe a Comisión de Seguimento do Coronavirus
Data de publicación: 18 de marzo de 2020

Esta Comisión, presidida polo Alcalde do Concello, Luis Piña, reuniuse onte e hoxe ás 9h e así o fará durante todo o tempo que dure o estado de alarma. Estará operativa diariamente para facer balance da progresión do virus na Cañiza e para informar e resolver as situación de emerxencia que se poidan suceder.

 

POR OUTRA BANDA O CONCELLO ACTIVA UN SERVIZO DE AUXILIO QUE CONTEMPLA O  SUMINISTRO DE ALIMENTOS, MEDICINAS E PRODUTOS DE PRIMEIRA NECESIDADE A PERSOAS QUE REALMENTE ESTÉN EN SITUACIÓN DE RISCO. TAMÉN EN CASO DE PRECISAR INFORMACIÓN ESTÁN HABILITADOS OS NÚMEROS DE TELÉFONO:

986 651 000 -  605 255 026

O Alcalde da Cañiza, Luis Piña, asina unha Segunda Resolución de Alcaldía que complementa a primeira do pasado 13 de marzo, polo que se crea unha COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO COVID 19 Para evaluar as situacións e casos que vaian xurdindo no Concello, coa finalidade de proponer a implementación das medidas que sexan necesarias. A Comisión está presidida polo Alcalde da Cañiza e integrada ademáis pola Concelleira de Servizos Municipais, María José Rodríguez, o Policía Local do Concello, Santiago Regueiro, a Traballadora Social do Concello, Estefanía Sestelo, o Encargado de Obras do Concello, Pablo Reinaldo, a Administrativa do Concello, María Angeles Rodríguez, o Comandante do Posto da Garda Civil de A Cañiza, Luis Antúnez, o Xefe de Servizos do Centro de Saúde de A Cañiza, José Angel González, a Médica responsable do protocolo do COVID-19 do Centro de Saúde de A Cañiza, Pilar Ramos o e a Traballadora Social do Centro de Saúde de A Cañiza, Paula Iglesias.

O Alcalde, como presidente do Comité, poderá convocar as reunión do mesmo a responsables técnicos municipais e a expertos cualificados na materia, así como contar co seu asesoramento experto, en función das necesidades de cada momento.

Este comité fará un continuo seguimento da evaluación da situación e proporá medidas novas ou complementarias das xa adoptadas, ao tempo que coordinará as novas actuacións que sexan precisas, garantindo unidade de acción, de conformidade con as recomendacións analizadas polas autoridades sanitarias.

compartir

axenda