NovasIr a esta sección

O Concello celebra o Día Internacional da Muller
Data de publicación: 07 de marzo de 2019

Habilitando nesta Web un novo espazo para a IGUALDADE.

Ademáis a exposición fotográfica sobre “ MULLERES QUE FIXERON HISTORIA”,  a publicación dunha guía sobre a “Mocidade en Igualdade” e o desenvolvemento de varios obradoiros nos centros educativos da Vila, completan a programación prevista dende o Concello para continuar traballado pola Igualdade.

O Concello pon a disposición dos veciñ@s un novo espazo web na páxina municipal para a IGUALDADE con información, lecturas, guías e recursos para a abordaxe da igualdade e a coeducación dirixida á infancia, adolescencia, ás familias e á poboación en xeral. Ademáis inclúe un apartado adicado á información sobre a violencia de xénero, máxima expresión da desigualdade e os recursos que todos temos ao noso dispor para loitar contra ela.

Por outra banda, o Concello inaugura a exposición “MULLERES QUE FIXERON HISTORIA” cedida polo CIM do Concello de Marín que poderase visitar na Casa Consistorial da Cañiza dende o 8 ata o 29 de marzo en horario de 8:00 a 15:00h. A exposición  reflicte “a importancia da muller na economía do rural galego e no mar”.

Nesta mesma liña, no mes de abril publicarase unha guía informativa dirixida á poboación adolescente que versará sobre o establecemento de relacións de parella sans, baseadas no respeto  e na igualdade. Esta guía ten por obxectivo ser unha ferramenta de información para a poboación mais nova á hora de identificar os primeiros síntomas de desigualdade e maltrato nas relacións de parella así como o coñecemento dos recursos de apoio cando nos atopamos nunha situación de maltrato.

Ademáis, continuarase coa información e o asesoramento en materia de igualdade co alumnado dos centros educativos, dando continuidade aos obradoiros que se desenvolven ao longo do ano  no CPI da Cañiza e no CEIP de Valeixe  para o alumnado de 5 º de primaria que este ano se completará coa actividade lúdica JENGA POLA iGUALDADE.

Por terceiro ano consecutivo mantense o obradoiro mocidade e igualdade: establecendo relacións afectivas sans.

Todas as actividades estan cofinanciadas pola Xunta de Galicia a través do Fondo Social Europeo e do Fondo Finalista procedente das medidas previstas no Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

compartir

axenda