A contratación destas dúas pólizas supón un gasto anual para o concello de 14.430,58€ por ano, costando o seguro de Responsabilidade Civil 6.023,00€/ano e o Multirisco dos Ben Inmobles Municipais 8.407,58€/ano.
O CONCELLO ADXUDICA POR PROCEDEMENTO ABERTO OS CONTRATOS DE SUSCRIPCIÓN DUNHA PÓLIZA DE SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL E OUTRA DE MULTIRISCO PARA OS BENS INMOBLES MUNICIPAIS
SEGUNDO MANIFESTA O ALCALDE ÉSTA É A PRIMEIRA VEZ QUE O CONCELLO TRAMITA A LICITACIÓN DESTES SEGUROS A TRAVÉS DA PLATAFORMA ESTATAL DE CONTRATACIÓN DO SECTOR PÚBLICO, GARANTIZANDO A SÚA TRANSPARENCIA E PUBLICIDADE.
O pasado venres celebrouse a Mesa de Contratación para a adxudicación por procedemento aberto da suscripción da póliza de responsabilidade civil que da cobertura a todos os danos a terceiros producidos polos bens municipais. A Mesa propuso a adxudicación do contrato á mercantil MAPFRE ESPAÑA S.A. durante dous anos, podendo prorrogarse ata un trimestre máis.
Esta duración é a mesma que se contempla no contrato do seguro Multirisco para os Bens Inmuebles do Concello que se adxudicou o pasado 20 de xuño de 2020 á empresa HELVETIA COMPAÑÍA SUIZA S.A., contrato polo que se aseguraron todas as propiedades municipais por un continente de 11.640.000,00 e un contenido de 1.524.000,00.
Os dous expedientes se tramitaron por procedemento aberto simplificado a través da plataforma estatal de contratación do sector público, sendo a primeira vez que se licita este tipo de contrato por este procedemento, garantizando que todas as empresas interesadas poideran presentar as súas propostas.