NovasIr a esta sección

O Concello abre o 1 de xullo a piscina recreativa ao aire libre de As Grades coa súa capacidade reducida ao 50%
Data de publicación: 30 de xuño de 2020
DESPOIS DOS INTENSOS TRABALLOS DESENVOLVIDOS POLOS EMPREGADOS DO CONCELLO PARA POÑER A PUNTO A PISCINA, A INSTALACIÓN ABRE CON TODAS AS GARANTÍAS SANITARIAS E MEDIDAS DE PREVENCIÓN BÁSICAS PARA EVITAR A TRANSMISIÓN DO SARS-COV-2 E CUMPRINDO ESTRICTAMENTE CO DECRETADO NO ESTADO DE VOLTA Á NOVA NORMALIDADE.

 

 

  • O AFORO REDÚCESE DE 326 A 163 USUARIOS AO DÍA QUE PODERÁN DISFRUTAR DA PISCINA EN HORARIO DE 15H A 21H.

 

  • A DIFERENZA DE ANOS PASADOS, POLA MAÑÁ PERMANECERÁ PECHADA, PARA DAR SERVIZO EXCLUSIVO AOS 45 NEN@S DOS CAMPAMENTOS MUNICIPAIS DE VERÁN QUE ACCEDERÁN EN HORARIO DE 11h a 13:30h.

 

  • PODERASE RESERVAR PRAZA PARA O DÍA EN CURSO CHAMANDO AO NÚMERO DE TELÉFONO DO CAMPING, 986 652 126, EN HORARIO DE 8:00H A 13:00H. PARA A RESERVA DO DÍA SEGUINTE AMPLÍASE O HORARIO ATA AS 15:00H. ESTA MEDIDA PERMITIRÁ AOS MONITORES AXUSTAR O AFORO E PROGRAMAR A AXENDA DE CITAS. AS RESERVAS ESTÁN CONDICIONADAS A QUE A ENTRADA SE EFECTÚE ENTRE AS 15:00H E 17:00H e SE TRANSCURRIDOS UNS MINUTOS O USUARIO NON APARECE PERDERÁ A QUENDA.

Para poder cumprir coas obrigacións sanitarias e de desinfección do estado de volta á nova normalidade provocada pola crise da Covid-19 e como medida preventiva, todas as zonas da piscina, sobre todo as de contacto máis frecuente polos usuarios (zona de paseo, baños,  enfermería, pasamans, taquillas…) desinfectaranse varias veces durante a xornada polos servizos de limpeza municipal. As duchas e vestiarios permanecerán pechados.

O Concello garantiza tamén o estado óptimo da auga comprobando diariamente o cumprimento dos requisitos dos equipos de tratamento da auga do vaso. Cunha superficie de 1.130 m2 e un volume de 1.260 m3 as augas están sometidas a un riguroso proceso de filtración, desinfección e regulación de Ph.

Para poder acceder á instalación, os usuarios terán que pasar na entrada un control de temperatura con pistola térmica. Ademáis terán que calzar chanclas antes de acceder ao recinto.

Para  proporcionar un ambiente seguro e saudable durante o uso da piscina, o concello habilitou un carril de entrada e de saída, debidamente sinalado que garantirá o distanciamento físico entre os bañistas e traballadores de dous metros.

Non se poderá usar toalla nas zonas de terraza ou cerámica e solo se poderá consumir comida tipo picnic (bocadillos, sandwiches, bebibles, etc). Queda prohibido o consumo de patatillas e derivados. Permítese que os usuarios entren na piscinas coas súas propias sillas plegables.

Os monitores controlarán o aforo da instalación, non permitindo a entrada diaria de máis de 163 usuarios en horario de 15h a 21h.

Os prezos non varían respecto a anos pasados, excepto o bono mensual que este ano non está en vigor.

compartir

axenda