NovasIr a esta sección

O Alcalde visita as obras de rehabilitación dunha das antigas vivendas dos mestres de Petán
Data de publicación: 12 de xuño de 2020

Unha obra subvencionada polo IGVS da Xunta de Galicia para rehabilitar estas instalacións municipais e destinalas ao alugamento para colectivos en situación de maior vulnerabilidade.

12/06/2020

A VIVENDA SERÁ ADXUDICADA ENTRE AS PERSOAS INSCRITAS NO CONCELLO NO PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS DO CONVENIO ENTRE O IGVS E A FEGAMP.

O Alcalde da Cañiza achegouse ata o lugar de Aldeiña, na parroquia de Petán, para visitar as obras de rehabilitación dunha das dúas vivendas coñecidas como dos Mestres de Petán, que forman parte dos inmobres urbanos do Inventario de Bens Municipal do Concello.

As obras que comezaron o pasado decembro consistiron na rehabilitación interior dunha das vivendas para adaptala á normativa actual e facela habitable. Reparación de cuberta, albañilería, pavimentos e alicatados, instalación eléctrica e telecomunicacións, fontanería e aparatos sanitarios, calefacción, carpintería, pintura e decoración son algunhas das actuacións que se están executando por un total de 48.379,54 €uros.

Coa rehabilitación deste inmobre, o Concello contribúe ao alugueiro para aqueles colectivos que se atopan nunha situación de maior vulnerabilidade polas súas circunstancias económicas, persoais ou familiares. Para articular ese obxectivo, colabora co IGVS, como organismo competente en materia de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia concedeu para esta obra, por Resolución do 12 de xullo de 2019, a cantidade de 35.984.78€uros, correspondente ao 90% do orzamento subvencionable sen Ive. Iniciado o expediente de contratación a obra foi adxudicada á empresa Construcciones Lemos Martínez S.L. 

A día de hoxe as obras están prácticamente rematadas, segundo comenta o Alcalde, Luis Piña, para logo despois iniciar o expediente de adxudicación en alugar entre os veciñ@s da Cañiza que cumplan cos requisitos polo IGVS, é dicir, que estén inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da COmunidade Autónoma de Galicia no Concello da Cañiza.

compartir

axenda