NovasIr a esta sección

O Alcalde reúnese coa Conselleira de Infraestruturas para tratar temas importantes para o Concello
Data de publicación: 05 de febreiro de 2020

A Conexión das estradas A Cañiza- Crecente con Filgueira, a gran problemática da xestión da auga e o Plan de Transporte Metropolitano foron os tres temas máis relevantes que se abordaron na reunión deste 3 de febreiro.

O ALCALDE DA CAÑIZA LUÍS PIÑA REUNIUSE ESTE LUNS EN SAN CAETANO COA CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE ETHEL VAZQUEZ

A Cañiza a 04/02/2020.

O Alcalde da Cañiza, Luís Gómez Piña, reuniuse en Santiago o pasado luns 3 de febreiro coa Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez Mourelle, para tratar temas de máxima prioridade para o futuro inmediato do noso Municipio.

Nesta ocasión Luís Piña puxo encima da mesa o proxecto de conexión entre a estrada Cañiza-Crecente con Cañiza-Filgueira xa que a execución desta obra sería de máxima importancia para a vila porque permitiría desconxestionar e eliminar o tráfico pesado dos viais do centro urbano. Este proxecto xa se tratou en anos anteriores sen que se conseguise poñer en marcha. Con todo e segundo manifestoulle a propia Conselleira o Alcalde, existe a posibilidade real de que en 2020 póidase facer unha contratación menor para realizar un proxecto de viabilidade.

Na axenda do día tamén se tratou un dos temas máis importantes para A Cañiza. A problemática da auga potable de consumo humano que abastece ao centro urbano. Desde esta Alcaldía están a abordarse todas as actuacións que posibilitarán a correcta xestión da auga, desde os nacentes e captacións ata a mellora da distribución da rede de abastecemento.

A este respecto na reunión do pasado luns o Alcalde tratou coa Conselleira sobre o Convenio existente entre a Xunta e Concello polo cal se poderá construír unha nova ETAP (estación de tratamento de auga potable) para a mellora do sistema de abastecemento do centro urbano. Este proxecto contempla a realización dunha captación no río Deva que conectaría, impulsada por unha estación de bombeo, ao longo de 3 km cunha estación de tratamento de auga proxectada nas inmediacións do depósito de Augas Férreas.

O Orzamento desta obra ascende a 1.678.451,43€. O Convenio establece que a Xunta achegará unicamente 600.000€ do total, tendo que asumir o Concello 1.078.451,43 €uros, obrigando ao consistorio para dispoñer dunha liquidez que na actualidade non ten e aínda que esta ETAP sería unha solución óptima para liquidar o problema da auga, A Cañiza ten difícil asumir o custo económico a curto prazo.

A Consellería pretende fraccionar este proxecto en dúas Fases. Así nos próximos días recibirase da Xunta un modificado que prevé o inicio dunha 1ª Fase pola que a Administración Autonómica asumiría os 600.000€, quedando o Concello obrigado a achegar neste ano 361.000€ e en anualidades posteriores 717.451,43 €. Desde a Consellería daráselle ao Concello uns días de prazo para que nos acollamos a este Convenio ou o rexeitemos.

Este tema xa se abordou o pasado ano co Vicepresidente da Xunta de Galicia nunha reunión mantida tamén en Santiago na que o Alcalde Luís Piña explicaba a Alfonso Rueda a problemática da xestión da auga no Concello.

En terceiro e último lugar o Alcalde incidiu, ante a conselleira, na necesidade de mellorar as frecuencias horarias dos roteiros do servizo público de transporte de viaxeiros ao seu paso pola Cañiza. O pasado 28 de agosto o Concello contestou o requirimento da Dirección Xeral de Mobilidad, presentando en prazo as correspondentes alegacións. A mellora e ampliación horaria dos roteiros de Vigo, Ourense, Cuvi e Hospital Alvaro Cunqueiro son algunhas das prioridades da Cañiza en materia de transporte como tamén o é o roteiro que discorre paralela ao Miño desde A Cañiza-Valeixe-Arbo-Vigo e así se fixo saber desde a Alcaldía.

compartir

axenda